Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas visitas de golfiños, vivos e mortos, por Carnota, Fisterra e Muros

Novas visitas de golfiños, vivos e mortos, por Carnota, Fisterra e Muros

As praias de Carnota e Fisterra vivían novos episodios necrolóxicos. Varios cetáceos, golfiños, varaban nas praias da Costa da Morte, pero tamén nas galegas, pois nos durante a pasada semana as as unidades móbiles de Coordinadora para o Estudio dos mamíferos Mariños, (CEMMA) atenderon 11 cetáceos varados na costa galega (en Cangas, Carnota, Fisterra, Mañón, O Grove, Sanxenxo e Vigo).

A especie máis frecuente foi o golfiño común (Delphinus delphis), o que é habitual nas nosas costas, e como o que vemos varado na praia de Cangas.

Tras facerlle a necropsia os especialistas indican que "non presentaba indicios externos de captura accidental", pero non puideron establecer unha causa de morte, pois malia ter unha lixeira parasitación pulmonar, tiña abuntante alimento no estómago.

Un tartaruga no Touriñán

Apuntamos tamén que a finais de xaneiro, dende o CEMMA trataron un novo caso dunha tartaruga capturada accidentalmente nun arte de enmalle. Nesta ocasión, a perxudicada foi unha tartaruga mariña común (Caretta caretta) fronte ao Cabo Touriñán.

Visita muradás

Pero non todas as novas son malas. O pasado 27 de febreiro, un grupo de 5 golfiños comúns (Delphinus delphis, delfín común) entraron nunha das dársenas do porto de Muros e quedaron durante horas entre os pantaláns. Ata alí se desprazou unha das unidades móbiles de CEMMA para valorar a situación.
Os 5 estaban en bo estado, nadando e buceando sen problemas e sen feridas visibles e tentouse dirixilos cara a bocana do porto, pero non foi posible nun primeiro momento. A última hora da noite saíron cara fóra por vontade propia. Dende aquí o noso agradecemento a todas as persoas que nos avisaron e axudaron alí, e especialmente a Aduanas, que nos botaron unha man con unha das súas embarcacións.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios