Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novo Curso de Monitor de Tempo Libre en Carnota

Novo Curso de Monitor de Tempo Libre en Carnota

Non deixa de ser unha boa ocasión para toda esa mocidade que vai e vén cada fin de semana das capitais galegas á casa cada durante o curso. Unha oportunidade para pasar un verán na casa, e ocupado cun traballo.

Así que o Concello de Carnota está a organiza un novo Curso de Monitores de Actividades de Tempor Libre, curso homologado pola Xunta de Galicia. O curso ten unha duración total de 350 horas, distribuídas en dous módulos (teórico e práctico).

O módulo teórico consta de 200 h e desenvolverase de xeito intensivo, durante 20 días (4 semanas), en horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h. Posteriormente desenvolveríanse as 150 h prácticas restantes.

Inscrición

Para apuntarse a este curso cómpre ter o título de EXB, ESO, F.P. ou equivalente.
O grupo terá que ser dun mínimo de 15 persoas e dun máximo de 25. Deste xeito, o prezo poderá oscilar entre os 200 € e os 333 €, en función do número de persoas inscritas.
As persoas interesadas poden obter máis información e efectuar a súa inscrición no Departamento de Cultura do Concello de Carnota (981 857032).
O prazo de inscrición remata o 10 de maio.

s

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

Comentarios