Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Asaghieiras Master Festival volve para celebrar o seu 10º aniversario máis aberto a todos que nunca

O Asaghieiras Master Festival volve para celebrar o seu 10º aniversario máis aberto a todos que nunca
Asaghieiras master festivao 2018 cartel

Despois de cinco anos sen organizarse, o Asaghieiras Master Festival volve para celebrar o seu décimo aniversario. A cita será este sábado 22 de setembro no marabilloso contorno do Faro de Lariño, un dos grandes puntos fortes deste emblemático festival da Costa da Morte.

Os bravos voluntarios (varios dos de sempre e outros tantos novos) da A A.C.R.D. As Saghieiras embarcáronse en botar de novo a flote o barco do Asaghieiras, cunha aposta clara de pular pola música propia do noso entorno e ofrecer un modelo diferente á tradicional verbena de orquestras.

Para formulan un sábado completo, pensando para todas as idades, con sesión vermú, churrascada, mexilloada, e unha tarde chea de actividades para os pequenos co Circo Lillas e co Mago Pedro Bugarín. Para aqueles que prefiran pernoctar gratuitamente, vaise adecentar unha zona de acampada nun entorno privilexiado.

Sinal de identidade: O palco de espontáneos

Unha das grandes atraccións do festival, o palco de espontáneos, no que bandas consolidadas ou improvisadas poderán facer brincar durante uns minutos ao público do festival.

Terbutalina e Monoulious Dop encabezan o festival

O cartaz deste ano está encabezado por Terbutalina, banda nacida no concello de Muros en 2010 que visitou o festival nos seus inicios. Volven a Lariño profesionalizados e como peza chave do panorama musical galego actual. Monoulious Dop, fenómeno noiés da "rock comedy", trae a toda a súa banda na que é a súa primeira visita ao festival. Tamén repetirán en Lariño Deseqilibrio Mental, banda de metal da Casalonga (Teo) da que a organización e o público ten grandes recordos. A visita internacional vén da man de Las Tipex, rapazas de Iruña que pisan terras galegas por primeira vez co seu punk combativo.

Así mesmo, a sesión vermú será amenizada por un artista emblemático en Galicia, O Leo I Arremecághona, quen dará o pistoletazo de saída á festa coa súa monobanda.

Completan o cartaz 3 bandas en representación da Costa da Morte. Os Bastardos de Rivera veñen de Vimianzo cargados dun punk explosivo e festeiro. Almánimal, con sede en Carnota, serán os encargados de encher Lariño de boas vibras cun directo moi maduro que percorreu festivais galegos este verán. Por último, Evil Bastard, banda da factoría da Sala Nasmo de Muros, serán os encargados de traer a maior potencia ao festival co seu Death Metal.

Horarios

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/asaghieiras-master-festival-a-resurreccion-dunha-cita-idilica-da-axenda-sonora-da-costa-da-morte/

Comentarios