Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O BNG acusa á Xunta de "sectarismo" na paralización do proxecto de saneamento do Pindo

O BNG acusa á Xunta de "sectarismo" na paralización do proxecto de saneamento do Pindo
Pancartas dos vecinos do Pindo contra a Xunta Pancartas dos veciños do Pindo contra a Xunta O caso do saneamento de Carnota volveu onte ao Parlamento Galego. Durante a comisión de Ordenación do Territorio celebrada onte o deputado do BNG, Luís Bará preguntou ao goberno pola execución do proxecto de saneamento da parroquia de Lariño, no concello de Carnota, redactado no ano 2010. Trala resposta do director de Augas de Galicia, o parlamentario do BNG afirmou que a Xunta paralizou o proxecto porque nas eleccións cambiou o goberno de Carnota e acusou á Xunta de “sectarismo”. A estas alturas e despois de falar co alcalde nacionalista, Ramón Noceda, explicou o deputado do BNG,   podemos confirmar que non existe “ningunha notificación, nin oficial nin extraoficial de Augas de Galicia sobre os prazos e previsións” para o saneamento de Lariño. Vostedes cobran as taxas e contan con fondos estatais,  europeos e propios para acometer as obras e ademais,   “existe un proxecto redactado no ano 2010, por encomenda de Augas de Galicia, cun orzamento de máis de 900.000 que nunca chegou a ser licitado, sen que por parte da administración autonómica se dese máis información nin explicacións ao respecto”. “Este proxecto foi paralizado porque cambiou o goberno de Carnota, o 22 de maio de 2011”. Bará aludiu  ao  oficio enviado por  Augas de Galicia o 9 de maio do 2011 cando gobernaba o partido Popular e nel confirmaba a necesidade de acometer o proxecto pero o goberno, reiterou o nacionalista, cambiou e vostedes parlizaron o proxecto. “Típica utilización electoralista dun proxecto da Xunta  a poucos  días das eleccións”. Se teñen algunha vontade, falen co concello e corrixan os erros que cometeron por razóns políticas  e réditos electoralistas, concluíu.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios