Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O BNG de Carnota asegura que volve dar voz aos veciños

O BNG de Carnota asegura que volve dar voz aos veciños

"A iniciativa veciñal recupera o protagonismo nun concello que precisa de todas e todos". Así destaca o BNG carnorán a súa aposta por "devolverlle unha voz activa ás asociacións con obxecto de dinamizar o noso concello e aproveitar o traballo e a experiencia de colectivos que levan décadas de traballo en beneficio de todos".

E poñen exemplos como o recentemente creado Consello Local do Mar, que conta coas confrarías e as empresas do sector pesqueiro e marisqueiro para aglutinar e coordinar as iniciativas e os esforzos dun sector socioeconómico fundamental no municipio.

Marcha polo Parque Natural do Monte Pindo

E tamén utilizan a Marcha polo Parque Natural do Monte Pindo como baluarte do apoio institucional aos veciños. Se ben é certo que o concello se volcou a Marcha, boa parte dos veciños do lugar do Pindo non opinarían o mesmo, en tanto que na marcha é certo que apenas houbo representación da vila carnotá.

Iso si, o Concello apoia a proposta "co convencemento de que esta iniciativa pode transformar positivamente a realidade do noso concello asi como o de toda a nosa comarca, pois ademais de garantir a protección do macizo granítico cunha figura moito máis flexíbel, efectiva e participativa que as actuais, fornecerá de investimentos e de determinadas ferramentas para promover o desenvolvemento substentábel de todo o entorno, atraer un turismo de calidade, incrementar a prioridade do noso municipio á hora de optar a proxectos e investimentos e ofrecer moitos outros beneficios ao conxunto da poboación".

"Novo trato igualitario ás Asociacións

Falan tamén do Rexistro Municipal de Asociacións, e aseguran que agora "todas as entidades sociais de Carnota teñan un acceso igualitario á información e proxectos". Unha proposta que segundo eles "permite estabelecer unha comunicación fluída e transparente tanto do concello cara aos colectivos como á inversa, que xa fructificou en varias colaboracións moi positivas como nos Entroidos ou na Mostra de Promoción Local, que foi un espazo propio a artesáns e produtores do noso municipio, e poñer o noso municipio nun lugar destacado da axenda de Semana Santa".
Explican ademais que "a Mostra custou 3.246,97€, desglosados en loxística dos mercados (2.627,22 €), agasallos AGA (100€) e loxística da ruta BTT (463,65 €)", un gasto, para eles "máis que aceptable". E nesa liña lembran a colaboración das seguintes persoas e entidades: Concello de Noia, Confrarías de Pescadores de Lira e O Pindo, Deputación da Coruña, Asociación Neria, GDR Costa da Morte, GAC 4 (MarGalaica), Nalú, Asociación Monte Pindo Parque Natural, Cooperativa Raíña Lupa (Quilmas), Asociación Galega de Autocaravanas, Asociación Cultural Canle (Lira),Asociación O Patín (Carnota), Comisión de festas de San Mamede, D. Francisco Lago Formoso, D. Juan Carlos Domínguez Castro, D. José Antonio Saborido Caamaño,o corpo de voluntarios e voluntarias que axudaron na BTT, na feira e nas demostracións, os grupos de música Tamtotem, Filloas On The Stone e Grupo de música tradicional da ANPA de CPI de Carnota... e por suposto a Policía Local, o departamento de Obras e Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Carnotaque co seu inmenso traballo conseguiron que a Mostra fora intachábel".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Carnota.

Comentarios