Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Concello de Carnota bota o peche contra as Preferentes

O Concello de Carnota bota o peche contra as Preferentes
Peche no Concello de Carnota contra as Preferentes

Un peche simbólico de 17 minutos (entre as 11:43 e as 12:00) do 43% das dependencias municipais é o que vai realizar, como compromiso cos afectados, o Concello de Carnota. E o fai, dous días antes da manifestación en Carballo, e o día despois de "se cometer un acto que xulgamos indigno e contrario aos intereses de veciños e veciñas do noso concello e do conxunto do noso país", aseguran dende o Concello de Carnota, "tras coñecer que o PP acaba de aprobar outra norma para executar o roubo dos aforros de galegos e galegas, a través da maioría que posúe no Congreso dos Deputados".

Quere transmitir á opinión pública "que a decisión política que ampara esta estafa está baseada unicamente nos intereses do sector financeiro, consolida o culto á usura e á desigualdade e afonda aínda máis na separación entre unha elite máis rica e unha maioría da poboación cada vez máis empobrecida".

O Grupo de goberno carnotá considera que "existe un comportamento demagóxico por parte de deputadas e deputados galegos do Partido Popular" entendendo que "este atentado contra aforradores e aforradoras supón un grave prexuízo individual e colectivo para a nosa economía, pois quítannos a posibilidade de que unha parte substancial desas cantidades acabe por significar investimentos no propio concello que poderían axudar ás pequenas economías locais en tempos de crise".

Así,queren sumarnse "ás voces que exixen a devolución íntegra das cantidades que as persoas aforradoras depositaron sen recibiren información adecuada do produto que adquirían".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Grupo de Goberno de Carnota.

Comentarios