Venres. 19.04.2024
El tiempo

O GAC do sur da Costa aumenta o seu pontencial en turismo mariñeiro

O GAC do sur da Costa aumenta o seu pontencial en turismo mariñeiro

A mellora do turismo mariñeiro do Grupo de Acción Costeira do seo de Fisterra e ría Muros-Noia (GAC4) foi a nota máis salientable na visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana. A titular de Mar participou onte no acto de presentación deste plan a través do que nace o "Club de Produto Mar Galaica" (www.margalaica.net), formado por empresas de hostalería, museos e centros de interpretación vinculados ao mundo do mar para a realización de actividades e servizos de turismo mariñeiro.

O Grupo de Acción Costeira vén de destinar un novo investimento de 65.000 euros ao plan de mellora do turismo mariñeiro nesta zona e os esforzos das persoas que durante 10 meses de traballo se dedicaron a impulsar esta acción.

Esta acción constitúe un exemplo de promoción da calidade dos produtos do mar galegos a través da formación dos operadores dos produtos turísticos, impulsándoos como os mellores embaixadores da nosa cultura, etnografía e patrimonio. Tamén mediante a uniformación de criterios para a promoción e desenvolvemento da oferta, que se consegue co Estándar Finisterrae, un manual sobre boas prácticas creado polo GAC4 para este fin.

GAC4: unión e integración

Tamén definiron as actuacións do GAC4 como exemplo de unión e integración: a unión porque os participantes deste grupo impulsan de xeito común esta acción para a dinamización do turismo na zona e a integración da oferta co territorio porque o club de turismo aúna todos os produtos que esta área ten que ofrecer no turismo mariñeiro. Fíxoo considerando aos concellos do seo de Fisterra e da ría Muros-Noia unha única estrutura turística e patrimonial que se pode converter nunha referencia para realizar unha estadía estable e non pasaxeira, explicou a conselleira.

Plan de mellora

O plan de mellora do turismo mariñeiro realizado polo GAC4 conclúe unha serie de liñas nas que traballa o grupo. Unha delas é a necesidade de explotar economicamente e con máis rigor o turismo mariñeiro para que os beneficios desta actividade supoñan unha renda complementaria para o sector.
Outra liña é a creación dun club de produto de turismo mariñeiro que integre aos sectores do mar, a hostalería e demais servizos, de aí a constitución de Mar Galaica para cumprir esa función. Por último, outra das liñas é a necesidade urxente de lanzar ao mercado unha oferta estruturada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios