Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O IES Lamas de Castelo de Carnota pon en marcha a súa semana cultural

O IES Lamas de Castelo de Carnota pon en marcha a súa semana cultural
Durante os días 16, 18 e 19 de maio o IES Lamas de Castelo de Carnota celebra a súa semana cultural. A primeria das actividades será o martes día 16, día no que o alumnando de 1º e 2º da ESO visitarán o museo do xoguete - Melga - de Ponteceso e tras facer un roteiro pola vila achegaranse ata o dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro. Tamén sairán de visita os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO. O alumnado visitará o IES Porto do Son e o centro de formación de grao medio "Condución de actividades físico-deportivas no medio natural". Logo verán o centro de salvamento marítimo Finisterre, ubicado tamén en Porto do Son. E a continuación, desprazaranse ata a Serra de Outes para visitar Adisbismur - asocación de discapacitados da bisbarra de Muros - onde realizarán un obradoiro de cerámica. Xa o xoves e o venres (18 e 19 de maio) a actividades trasládanse ao propio centro. Durante estes dous días, o alumnado participará en obradoiros da madeira, coiro, origami,... realizarán experimentos científicos, visitarán a contorna do centro para recolectar e estudar distintas plantas, farán ioga, e recibirán charlas temáticas como a organización e funcionamento do 061, sobre a profesión de militar, entre outras. Tamén haberá tempo para asistir a un recital poético da man de Aldao-lado e de visualizar a reportaxe audiovisual "Stop Bullying" realizada polo alumnado de 4º da ESO do centro carnotán.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios