Martes. 21.05.2019
El tiempo

O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo

O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo

Fermosa, emotiva, tradicional, mariñeira, e chea de historia a fin de semana no Pindo. A vila carnotá foi un "mar de recordos", como sinala o lema destas VII Xornadas de Pesca da Confraría do Pindo. Unhas Xornadas que xa son todo un referente en recuperación patrimonial mariñeira, e que consegue facer que o mar siga sendo parte intrínseca nas nosas vidas.

As Xornadas comezaban ao longo da semana con actividades de artesanía, manualidades e deportes enfocadas aos pequenos. Pero o groso das mesmas celebráronse nesta pasada fin de semana de 30 de xuño e 1 de xullo. Charlas, música, degustacións e mesmo roteiro combináronse á perfección.

O alcalde de Carnota e o novo Patron Maior da Confraria de O Pindo foron os encargados de abrir as Xornadas facendo entrega dos diplomas aos nenos que participaron nas actividades da semana. De seguido, o venres xa contra a noitiña, 5 membros da agrupacion Cantigas da Terra de Coruña, sacaron das súas gaitas un fantástico repertorio de muiñeiras do maneo do Pindo.
A noite da inauguración rematou a golpe de degustación, como máis presta, con produtos típicos elaborados polas mariscadoras e socios/as da Confraría. Pero antes de ir durmir, queimada, por suposto!

Charlas o sábado

Os coloquios do sábado rondaron sobre o Prestige e o voluntariado. Un dos destacados foi Sven, voluntario do Prestige que aínda vive na nosa bisbarra, e mesmo organiza, dende hai un mes, xornadas de voluntariado no Cabo Touriñán case cada fin de semana. Na mesa sentaron tamén patróns maiores do Pindo, Muxía e Lira, que estaban naqueles tempos asi como Lino Lema, que traballaba na Concellería do Mar e Alfredo Lopez, do Cemma. Entre todos repasaron, con tristura pero con esperanza, aqueles meses de cor negro.

A cor a puxeron os membros da APTCM, Manuel Pan e Anabel Piñeiro, que presentaron o proxecto Galicia en Color que leva varios meses agradecendo aos voluntarios a súa laboura de recuperar a nosa vida e devolverlle a cor.

De roteiro por Quilmas

As Xornadas non quedan aí, dentro da confraría. Tamén hai que saír a ver o terreo. E para iso artellaron un roteiro por Quimas, para disfrutar do seu fermoso porto, do seu portiño, e das casetas de pescadores que aínda quedan vivas.

I Concurso de Sobremesas típicas

E unha das novidades deste ano foi o I Concurso de Sobremesas típicas, artellado polo GAC 4. Os gañadores foron: Restaurante Xouba (Lira) con Tarta de Piña como sobremesa innovadora e Restaurante Pepe do Coxo (Serra de Outes) con Crema de queixo con marmelo como tradicional.

Un bo xeito tamén de recuperar a arte mariñeira da cociña máis moderna.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios