Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O mitin de Castelao en Lira en 1936

A Asociación Monte Pindo Parque Natural Castelao e Moncho Hermida recuperan esta imaxe de Castelao en Lira correspondente a 1933
O mitin de Castelao en Lira en 1936

Histórica a imaxe que vén de recuperar a Asociación Monte Pindo Parque Natural, gracias a unha achega de Moncho Hermida, un dos conferenciantes no Simposio Monte Pindo sobre os Fuxidos. A presencia do médico, político e artista rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao na Costa da Morte quedou para a historia. O mellor representante do máis puro nacionalismo galego chegaba a Lira, arroupado polas Mocedades Galeguiistas, para pedir o voto favoranle para un Estatuto de Autonomía, pousoc días antes do golpe de estado fascista.

Unha foto, a que sae rodeado de veciños, é ben coñecida, pero a entidade vén de recuperar outra na que Castelao está en plena oratoria durante o mitin de Lira, “e que parece arroxar luz sobre o carisma e tamén sobre o entrusiasmo que subscitaba a súa figura no pobo, que parecía aglomerarse na busca dunha posición privilexiada entre o público do acto político”, describe a entidade.

Castelao en Lira rtodeado de veciños en 1936
Castelao en Lira rodeado de veciños en 1936

Os orixinais da imaxe forman parte da colección dedicada a Castelao depositada no Museo de Pontevedra.

O tema abordarase este sáabdo 1 de outubro durante o Simposium Monte Pindo sobre a Memoria dos Fuxidos.

Novas sobre o Olimpo Celta e os fuxidos

Comentarios