Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Caverna de Baixo da Ortigueira do Monte do Pindo

O Modesto Patrimonio: A Caverna de Baixo da Ortigueira do Monte do Pindo
Modesto Garcia Quintans na porta da Caverna Baixo Ortigueira do Monte do Pindo Modesto Garcia Quintans na porta da Caverna Baixo Ortigueira do Monte do Pindo

Esta cova está situada na paraxe coñecida como “Baixo da Ortigueira”, a media ladeira do Monte do Pindo e mirando cara O Ézaro. Dista uns 300 m. do Pico de Peñafiel. Está rodeada de rochas de gran tamaño polo que é difícil localizar a súa boca de entrada. Encóntrase debaixo de dúas grandes lousas inclinadas cara ó oeste e na parte alta ten un pequeno furado de entrada xusto para colarse unha persoa. Este furado está marcado por unha laxe vertical de 1,5 m. de alto espetada no chan. Tanto a entrada como a saída é vertical e, no seu interior, polo lateral norte, existe un espacio duns 4m2., con altura variable de 1,5 m. a 30 cm. O chan está formado por sedimentos arrastrados polas tormentas, polo que a humidade fai incómoda a súa estancia e, polo lateral sur consta dun estreito pasillo duns 3 m. de largo e sen saída.

Entre as dúas rochas existen uns furados que deberon ser aproveitados como chemineas para facer lume.

Cremos que este refuxio so foi útil para agocharse en tempos difíciles. Pepe do Fieiro na Caverna Baixo Ortigueira do Monte do Pindo Pepe do Fieiro na Caverna Baixo Ortigueira do Monte do Pindo Cubrición da Caverna Baixo Ortigueira do Monte do Pindo

Como chegar

Localízase nas coordenadas UTM(29ED50): X = 490668; Y = 4750787 cunha altura duns 205 m. sobre o nivel do mar.

Para chegar hai que coller na Ponte do Ézaro na marxe esquerda do río Xallas, o camiño das pescadeiras ata chegar ás laxes do Outeiro Negro. Unha vez rebasado, tórcese á esquerda subindo en dirección norte. Andando entre toxos uns 200 m. chégase ó seu entorno. Entre outras rochas existen dúas pegadas a ras do chan bastante inclinadas cara O Ézaro e nun lateral ten unha lousa vertical de 1,5 m. de alto espetada no chan. Esta márcanos o pequeno furado vertical de entrada. Con esta reseña damos por rematado o inventario das Covas dos Refuxiados no Monte do Pindo.

Itinerario Cova Baixo da Ortigueira

Patrimonio Pindexo

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios