Xoves. 09.07.2020
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Cova do Acivro ou do Curro Seixiño, no Monte do Pindo

O Modesto Patrimonio: A Cova do Acivro ou do Curro Seixiño, no Monte do Pindo
Pepe do Fieiro na Cova do Acibro no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans Pepe do Fieiro na Cova do Acibro no Monte Pindo-Foto-Modesto García Quintáns

A semana pasada facíamos unha viaxe pola toponía dos camiños do Pindo, despois de ter pasado xa pola Cabana das Chozas, a a Furna do Río da Barco, a Cova dos Morcegos ou Aa Cova da Pendente. Lugares especiais do Olimpo celta que continuamos recuperando.

A furna que imos comentar hoxe, A Cova do Acivro, tamén coñecida como “Curro Seixiño”, non debeu formar parte do habitáculo para os refuxiados pola risco e incomodidade na súa estancia.

É o inicio do curso dun regato, con forma de túnel cuberto con grandes rochas desprendidas dos cumios laterais que o taponaron. No seu interior brota un manancial que dá orixe ó rego coñecido como Rego das Lamas, aínda que no seu remate toma o nome de Rego dos Muíños. No verán ou en tempos de sequía pódese recorrer uns 30 m. polo seu interior, salvando pequenas cascadas e atravesando pequenos furados.

Esta paraxe, fai anos, era un curro onde se inventariaba e marcaba o gando vacún e cabalar. Neste punto nacen dúas vertentes. Unha diríxese á praia de San Pedro do Pindo e á outra cara a praia de A Curra, en Carnota.

Petón do Curro Seixiño copia Petón do Curro Seixiño

Como chegar

Cóllese no Pindo (xunto á igrexa) o camiño de A Laxe da Moa. Pásase pola beira do Pedrullo e subindo crúzase o regato dúas veces. Na subida con pendente polo lateral esquerdo chégase a un paso estreito coñecido como a “portela” media tapiada con cantos rodados.

Quen desexe velo recoméndase ir acompañado e ter experiencia neste tipo de aventuras. Para localizar o furado de baixada debe cruzar a portela e xirar á dereita cruzando unha cantas rochas nun treito duns 20 m. Con bo oído pódese apreciar o ruído da auga circulando polo cauce.

Localízase nas coordenadas UTM(29ED50): X= 489969; Y = 4747730 cunha altitude de 375 m. sobre o nivel do mar.

Caverna do Acivro no Monte Pindo  

Patrimonio Pindexo

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

comentarios