Mércores. 01.04.2020
El tiempo

O proxecto Apego, nacido en Carballo, recolle o Premio da Cultura Galega

O proxecto Apego, nacido en Carballo, recolle o Premio da Cultura Galega
O acto de entrega deste galardón que concede a Xunta de Galicia, e ao que asistirá o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, desenvolverase na Cidade da Cultura a partir das 19.00 h. Así, o complexo do Monte Gaias acolle esta tarde a gala de entrega dos Premios da Cultura Galega, outorgados pola Xunta de Galicia, e que na modalidade de Lingua lle foi concedido este ano ao proxecto Apego, unha iniciativa con tres anos de vida e xurdida na factoría de ideas do Curso de verán de dinamización lingüística que cada ano ten lugar en Carballo. Apego naceu para incentivar e facilitar a socialización en galego das nenas e nenos desde a primeira infancia, e o traballo está sendo recoñecido, algo que desde a organización agradecen e polo que, ademais, felicitan a toda a comunidade Apego, pois alén deste galardón tamén lle foi outorgado este ano o Rosalía de Castro de Lingua que concede a Deputación da Coruña e que lle será entregado temen esta semana, o aoves 14 as 17:00 horas na cidade herculina. Esta iniciativa, posta en marcha en 2015 nacía no seo da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), e  foi desenvolvida desde os servizos de normalización lingüística de 29 concellos, ademais de Carballo, e algún deles tamén da bisbarra, como Carnota, Cee, Mazaricos, Muros, Ponteceso ou Vimianzo. presentacion-programa-apego presentacion-programa-apego Deste xeito, o proxecto Apego chega a unha poboación entre a que está a das sete cidades galegas e a das principais áreas urbanas, onde máis cómpre incentivar e facilitar a socialización en galego da infancia, afirman desde Carballo. Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc. Desde os servizos de normalización lingüística (SNL) faise unha avaliación moi positiva do programa, tanto pola acollida ata o momento, como polo número de familias directamente implicadas –xa están adheridas formalmente máis de 2.000–, polos recursos creados, pola participación nas actividades e polos resultados que se van percibindo. Na gala de entrega dos Premios da Cultura que esta tarde de martes, a partir das 19.00 h, terá lugar no Gaiás participarán representantes dos 30 concellos implicados, entre eles o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e mais o técnico de normalización lingüística, Nel Vidal. O conxunto de galardóns dos Premios da Cultura Galega 2017, que concede a Xunta de Galicia, son Xohana Torres (Letras –póstumo–), Berta Cáccamo (Artes Plásticas), Mabel Rivera (Artes Escénicas), Uxía (Música), Óliver Laxe (Audiovisual), o Proxecto Apego (Lingua), a Fundación Rosalía (Patrimonio Cultural) e Cristina Pato (Proxección Exterior) Tamén se entrega esta semana o Premio Rosalía de Castro de Lingua Alén disto, e como indicábamos mais arriba, este vindeiro xoves o Proyecto Apego tamén recibirá o Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña. O acto de entrega destoutro galardón terá lugar este xoves día 14, a partir das 17.00 h, no Pazo de Mariñán, en Bergondo.

comentarios