Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Secretario do Concello de Carnota critica a actitude de menosprezo do alcalde

O Secretario do Concello de Carnota critica a actitude de menosprezo do alcalde

Vive estes días o Concello de Carnota unha situación pouco habitual. O Secretario municipal Carlos Bousoño López, tras 15 anos no posto, envía estes días unha carta ao alcalde, Ramón Noceda. Unha carta na que critica ao rexedor por "faltarlle ao respecto, faltando gravemente á súa obrigación coa corrección e educacións debidas inherentes ao exercicio dos que desempeñamos funcións públicas".

Bousoño asegura que o pasado venres 10 de febreiro, o alcalde dirixiuse a el "con malos modales, prepotencia, e un trato e forma intimidatorias que son intolerables e inaceptables". O Secretario asegura que o alcalde é "reincidente en berrame e tratarme con mala educación. Isto non é un establo ou cousa parecida, e eu non son unha besta á que se poida maltratar".

Explica ademais que a causa da disputa verbal foi por unha factura. Bousoño explica que a o novo convenio asinado con unha empresa a 25 de xaneiro non se lle pode emitir a factura co mes completo. Segundo denuncia, foi aí cando o alcalde ergueu o ton. "Os berros non van infuir nin cambiar a miña opinión profesional. E coa súa actitude o que consegue é alterar e perturbar o normal funcionamento da Administración, ademais de violentar ás persoas que traballamos nela".

Remata a carta o Secretario avisando de que "se persiste ou se repiten os mesmos feitos, denunciareino ante os tribunais de xustiza por vulneración dos dereitos como funcionario público".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios