Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O temporal de frío deixa fermosas estampas brancas e problemas nas estradas da Costa da Morte

O temporal de frío deixa fermosas estampas brancas e problemas nas estradas da Costa da Morte
Neve nas Paxareiras-Foto-Roberto Tuco copia Neve nas Paxareiras-Foto-Roberto Tuco Tuñas Lembramos con nostalxia aquelas nevadas de marzo de 2013 ou de xaneiro de 2010, cando deixaba estampas non vistas en 40 anos, como a neve no porto de Corme ou o Monte Pindo nevado. Este mércores 7 de febreiro de 2018 volvemos ver a comarca de cor branca, tomada pola neve. As zonas altas, como a das Paxareiras, amenceron cubertas por un manto espedo de neve. Neve en Mazaricos-Carnota-Foto-Roberto Tuco Tunas copia A zona das Paxareiras branca, enriba da praia de Carnota-Foto-Roberto Tuco Tunas copia Nevada en Paxareiras con vistas á praia de Carnota-Foto-Juan Louro Nevada en Paxareiras con vistas á praia de Carnota-Foto-Juan Louro

Problemas nas estradas

Saraibada na AC-553 copia Saraibada na AC-552 Pero as baixas temperaturas (dificilmente veremos nevadas ao longo do día) están deixando fortes saraibadas que están complicando as estradas. A AC-552 estivo branca boa parte da mañá. Peor estivo a vía AC-404 que comunica a capital xalleira de Santa Comba con Baio. Concretamente houbo problemas no alto de Zas, nun tramo duns seis km nos límites de Santa Comba con Zas a altura do desvío para o parque eólico de Pico de Meda. A pesar de ser coñecido como un punto negro na bisbarra cando hai xeadas ou neve como neste caso, parece que non se tomaron as medidas preventivas necesarias, e o 112 non enviou reforzos pola zona. De feito, arredor das 8:30h, o tramo en cuestión estaba bloqueado por numerosos vehículos, varios camións e incluso un autobús. Sobre as 9:00 da mañá un camión quitaneves dou unha primeira pasada en subida sentido Santa Comba e vinte minutos despois en sentido contrario. Este feito desbloqueu un pouco a situación especialmente no tocante a turismos. Na mesta estrada pero no tramo Zas-Baio, en Lamas, a altura da rotonda de desvio ao polígono de Baio houbo un accidente, en principio parece que só con danos materiais entre un Citroën C2 granate e un Peugeot 406 oscuro (azul ou negro). Problemas ca neve na AC-404 en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Suarez 2 Problemas ca neve na AC-404 en Santa Comba-Fotos-Jose Manuel Suarez Quitaneves na Problemas ca neve na AC-404 en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Suarez Apareceu o Quitaneves na na AC-404 en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Suarez  

Nevando nas Paxareiras

Aquí vos deixamos varias estampas brancas que nos deixaron algúns lectores nas redes sociais. https://www.facebook.com/arantxa.vazqueztrillo/videos/10213312392018368/ [fbvideo link="https://www.facebook.com/juanjose.boquetegarcia/videos/1764100616976124/" width="600" height="400" onlyvideo="1"]  

Alertas vixentes

Paralelamente, a Xunta ten activada alerta laranxa por un temporal costeiro que deu comezo esta madrugada no litoral da provincia da Coruña, por mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros.

Novas relacionadas

Máis novas de temporais

Fonte

Comentarios