Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dous rescates, un neno perdido e falecido nunha praia, balance dunha convulsa fin de semaan

Dous rescates, un neno perdido e falecido nunha praia, balance dunha convulsa fin de semaan

Fin de semana chea de circunstancias a que vivimos na Costa da Morte.

Un falecido no Ézaro

Este pasado sábado un home, natural de Dumbría e residente en Madrid, morría na praia do Ézaro dun infarto, cando se dispuña a dar un baño. Medios do PAC de Muros (que non do HVdX) chegaron en canto puideron ao areal dumbriés, pero só puideron certificar o seu falecemento por causas naturais. Os socorristas só puideron recoller o corpo e alonxalo un puoco pois a praia estaba ateigada de curiosos.

Rescates

Doble rescate esta fin de semana para os Bombeiros de Cee. Durante a mañá do sábado, os Bombeiros tiveron que acodir a unha casa da Oliveira, en Corcubión, na que un neno quedara encerrado. Os Bombeiros tiveron que tirar abaixo o bombillo para a apertura da porta, tarefa que durou uns 15 minutos nos que o neno, en todo momento, se atopaba tranquilo.

Xa o sábado de madrugada, chegando ás 2:00h, os Bombeiros eran solicitados polo 061 Urxencias Médicas para rescatar a unha rapaza que caera duns cinco metros de altura as rochas preto do Castelo de San Carlos, Fisterra. A rapaza atopábase encaixoada nas rochas con feridas de diversa consideración. Ca axuda de moitos voluntarios conseguiron evacuala ata a ambulancia.

Un neno perdido na praia de Carnota

Así mesmo, na noite do sábado, arredor das 22:15h, unha familia avisaba ao 112 pola desaparición dun neno de 8 anos perdido na Boca do Rio (Carnota). Pouco despois o neno era atopado por veciños camiñando cara a carretera xeral AC 550, e pouco despois das 23:30h, o neno era entregado á familia.

Fonte

Comentarios