Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os máis novos coñecen o patrimonio do Monte Pindo

Os máis novos coñecen o patrimonio do Monte Pindo
monte-pindo-patrimonio O pasado luns, alumnado do IES Lamas de Castelo de Carnota participou na charla "O noso patrimonio" Luis Cordeiro Maañón - licenciado en Historia pola USC e responsable do inventario do patrimonio cultural e arqueolóxico para o PXOM do concello de Carnota - foi o encargado de dirixir a charla co título "O noso patrimonio" que tivo lugar o pasado luns pola tarde e que estivo organizada pola asociación Monte Pindo Paque Natural en colaboración do IES Lamas de Castelo de Carnota. A actividade, na que participou o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO de dito centro de ensino - enmárcase dentro das conmemoracións do Ano Europeo do Patrimonio Cultural polas entidades que conforman Rede do Patrimonio Cultural, entre as que está asociación Monte Pindo Paque Natural - e encádrase ademais nas xornadas culturais que organiza puntualmente cada ano o centro. O obxectivo principal desta actividade é achegar o Patrimonio á poboación xeral e particularmente divulgar a importancia de valorar, atender e protexer o Patrimonio Cultural entre as capas máis novas da sociedade. Para iso é necesario centrarse naqueles exemplos que a mocidade ten máis preto e que consitúen o extensísimo e rico patrimonio que se concentra no Monte Pindo e no resto do concello de Carnota, e que son testemuña de practicamente todas as etapas da Historia.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios