Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns

Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns
Imaxe dun dos muinos da Ruta dos Rio dos Muinos do Monte Pindo-Foto-Quino Pais

Esta semana, viaxabamos por Carnota para recuperar a Ruta dos Muíños do Monte Pindo da man de Quino Pais. Hoxe, o amigo Modesto García Quintáns, que leva axudándonos a descubrir fantásticos Recunchos do concello de Dumbría, envíanos este escrito agradendo a proposta de Pais e dando as súas ideas.

Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns

Modesto Garcia Quintans investigador dumbries

Bo traballo o que quere facer Quino Pais sobre o itinerario para a recuperación dos Muíños nos lugares de Panchés e A Curra no Monte do Pindo.

O problema xurde cando queremos saber o seu historial, como se chaman e a quen pertencen, porque perdeuse a memoria histórica. Teño xa experiencia desta investigación, feita nos meses de maio e xuño, cando percorrín tódolos muíños do Monte do Pindo, rachando algún pantalón polos chamizos e silvas co fin de poder reseñalos e xeoreferencialos con XPS. Iso si, despois de limpar cun fouciño espazos para poder sacarlles unha boa foto, momento que aproveito para darlle as gracias ao meo acompañante voluntario.

De todo este traballo saco a seguinte conclusión: no Rego de Sancheferro hai un muíño; no Río de Vadebois, 13 muíños; no Rego de Calderón, 7 muíños; no Rego de Caldebarcos, un muíño; no Rego dos Muíños-Lamas, 17 muíños; no Rego da Capilla, 2 muíños; no Rego da Laxe, 6 muíños; no Rego do Lugar, 2 muíños. En total hai, mellor dito, había, 49 muíños.

Destes, máis do 80% están en ruínas. Sabemos que todos estes muíños eran recoñecidos por un nome que o identificaban co propietario ou propietarios, así como o seu historial.

Así, podemos dicir que na zona de San Mamede de Carnota, no inventario do Catastro do Marqués da Ensenada do 5 de xullo de 1753, había un muíño de Basilio Caamaño coñecido como Muíño de Arriba, outro na Coviña de Ignacio Blanco e outro de Patricia Rodríguez denominado Muíño do Cuvo sen que atopemos alguén que os recoñeza. Agora que está de moda falar do Monte do Pindo, creo que nesta labor deberían involucrarse os veciños e as asociacións para conservar este patrimonio.

  • Modesto García Quintáns.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios