Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os peóns saltan ao Camiño polo #DíadoPeón e o Festipopeóns

Os peóns saltan ao Camiño polo #DíadoPeón e o Festipopeóns
Dia do Peon de Brinquedia en Carnota 30N Quedou atrás o San Martiño, e non puideron saltar os peóns ao camiño. O temporal se puxo en contra dos xogos tradicionais e obrigou a aprazar o #DíadoPeón que cada ano artella a Rede Galega do Xogo Tradicional Brinqueda. A cita central da rede concéntranse este ano, na súa 14ª edición, en Carnota, e se non puido ser o #9N, este 2018 o Día do Peón trasládase ao venres 30 de novembro. Pero xa houbo quen quixo seguir botando unha lanza polos xogos tradicionais, como foi a ANPA Alén, do Colexio Praia de Quenxe de Corcubión, que non fallou á súa ineludible cita cos trompos e puxo á rapazada e aos pais e nais a bailar a peonza. Seguro que moitos repiten o #30N en Carnota! Dia do Peon no CEIP Praia de Quenxe Así celebrou a ANPA Alén o Día do Peón no CEIP Praia de Quenxe

VII Festipopeóns

Unha das máis importantes referencias en xogos tradicionais da comarca, o Museo Etnolúdico de Galicia de Ponteceso (MELGA), prepárase para a gran cita do VII Festival Ponteceso peóns. Os peóns, trompos, perinolas, perindolas... saltarán ao camiño co Buxanciño do Melga este domingo 11 de novembro a partir das 11:00h. Luís Giadas abrirá a sesión co manifesto polo Día do Peón, e haberá actividades concursos e exposicións de buxainas do mundo. VII Festipopeons en Ponteceso 2018

Novas relacionadas

“Polo San Martiño, poucos peóns ao Camiño” — Que pasa na costa

Comentarios