Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Patrimonio e novas tecnoloxías fúndense no Olimpo Celta gracias á veciñanza comprometida

Patrimonio e novas tecnoloxías fúndense no Olimpo Celta gracias á veciñanza comprometida

Fantástico o proxecto do Trekker Monte Pindo que permite levar á rede as impresionantes rutas do olimpo celta. Como acontecía hai un par de anos coa virtualización do Camiño dos Faros , a veciñanza é a que está tirando para a recuperación do noso patrimonio natural e turístico.

Esta fin de semana a xente comprometida da Asociación Monte Pindo Parque Natural, coa estreita colaboración do Concello de Carnota, realizou a presentación en Lira e Santiago de Compostela do proxecto Trekker Monte Pindo. O acto de Compostela converteuse nun alegato da unión de patrimonio e novas tecnoloxías.

O proxecto, que partiu dunha idea do socio da AMPPN Santi Llecha, permitiu, gracias a unha ducia de persoas voluntarias, percorrer coa mochila Trekker e incorporar a Google 169 quilómetros de roteiros de sendeirismo do Monte Pindo e do resto do Concello de Carnota.

Desde agora un total de 50 rutas están xa accesíbeis nas aplicacións cartográficas de Google, principalmente Maps, Earth ou Street View. Unha ferramenta que pode ser aproveitada polos nosos visitantes, pero tamén por veciños e hostaleiros da zona para informar.

Santi Llecha, no atril, Manuel Gago, Mario Maceiras e Iván Franco na presentación en Compostela do proxecto Trekker Monte Pindo Santi Llecha, no atril, Manuel Gago, Mario Maceiras e Iván Franco na presentación en Compostela do proxecto Trekker Monte Pindo

Documental

Este documental, presentado estes días, resume moi ben a filosofía do proxecto e da entidade:

Carnota

Boa a aposta carnotá polo patrimonio, involucrando á veciñanza activa e as forzas vivas da sociedade a recuperar partes esquecidas da nosa historia. Moito lembramos aqueles impresionantes proxectos de arqueoloxía social, a Torre dos Mouros e Castro de Mallou, que se plasmaron tamén no Museo Aberto de Carnota. Agora, o concello aposta pola campaña promocional "Carnota é túa” e se convirte, co proxecto Trekker, no primeiro municipio que dixitaliza as súas rutas para permitir percorrelas virtualmente en calquera momento e desde calquera parte do mundo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios