Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Pepe do Fieiro será homenaxeado no V Aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural

Pepe do Fieiro será homenaxeado no V Aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural
Pepe do Fieiro é todo un sabio en materia Monte Pindo-Foto- David Lourido Pepe do Fieiro é todo un sabio en materia Monte Pindo-Foto- David Lourido 5 anos do Monte Pindo Parque Natural

Unha subida prantéxase como imprescindible, pero ademais a Asociación Monte Pindo Parque Natural queren celebrar os seus 5 anos en loita con poesía, gastronomía, historia e unha linda homenaxe a un deses persoeiros que dignifica a historia do Olimpo Celta, Pepe do Fieiro.

Xa está armado o Programa das actividades que desenvolverá a entidade o vindeiro sábado 17 de outubro con motivo do V Aniversario. Un program que arrinca cunha Subida á Moa (con visita á Cova da Xoana) a partir das 10:00h dende a Igrexa do Pindo.

Xa pola tardiña, terá lugar na Praza da Solaina do Pindo, o acto emotivo, que arrincará ás 19:00h co saúdo do alcalde, Ramón Noceda, a presentación do presidente da Asociación, Xilberto Caamaño e un repaso aos 5 anos da man do Secretario, Mario Maceiras.

Ás 19:30h terá lugar un simbólico recital poético "Versos no Olimpo", que dará paso á homenaxe a Pepe do Fieiro, unha desas memorias que revive as historias das rochas graníticas.

Despois da cea popula, haberá degustación de cócteis con Pedro Sestayo (campión galego de coctelería), cando se sortearán varios "Pindo's Sea & Mountain", Premio ao Mellor Cóctel de Galicia 2014. Para pechar a velada, nada mellor que un conxuro da queimada co druida César Cambeiro.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios