Xoves. 16.09.2021
El tiempo

O PSOE da Mancomunidade do Barbanza comprométese coa Planta de reciclaxe de Lousame

Mancomunidade da Barbanza en Carnota
Reunión en Carnota
O PSOE da Mancomunidade do Barbanza comprométese coa Planta de reciclaxe de Lousame

Representantes do PSdG-PSOE dos concellos que forman a Mancomunidade Serra do Barbanza (Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Carnota e Brión), reuníanse onte en Carnota para comprometerse co apoio á Planta de reciclaxe de Lousame e mellorar o funcionamento da Mancomunidade.

Un dos temas importantes en cernes é a fin da concesión da Planta de reciclaxe de Lousame no 2023. Dende o PSOE aseguran que confían no modelo actual de mancomunar o servizo de recollida de lixo, poñendo en valor os postos de traballo na Comarca e a reciclaxe en proximidade, menos contaminante ca outras plantas que operan en Galicia. Consideran necesario poñerse a traballar para asegurar o antes posible a continuidade da Planta, e realizar as xestións precisas neste sentido, tal como reclamaban os traballadores na manifestación que tivo lugar o pasado Domingo no Concello de Porto do Son.

Ademais, os socialistas critican “o mal funcionamento da Mancomunidade coincidindo cas presidencias do Partido Popular, onde non se celebraron as reunións que recollen os estatutos en tempo e forma”.

comentarios