Venres. 19.04.2024
El tiempo

Reactivan a Asociación de Comerciantes, Empresarixs, Comerciantes e Profesionais de Carnota

Reactivan a Asociación de Comerciantes, Empresarixs, Comerciantes e Profesionais de Carnota
reunion-acep-carnota

Sempre é unha nova positiva a volta á actividade dunha asociación. Neste caso é a Asociación de Comerciantes, Empresarixs, Comerciantes e Profesionais de Carnota (ACEP) a que retoma a súa actividade cun pleno informativo. A reunión, aberta a todas as persoas interesadas, terá lugar o sábado, 19 de novembro, no Concello de Carnota.

Esta convocatoria ten por obxectivo reactivar a actividade desta asociación que naceu a pasada primavera, e que se paralizou por mor da tempada estival debido os recursos que este período consume a profesionais e empresarios.

Na reunión, falrán persoas vinculadas á directiva de ACEP Carnota, ó Concello de Carnota, e tamén estarán presentes voces da Asociación de Empresarixs do Barbanza e do Banco Sabadell, coa importancia do asociacionismo como tema principal.

Tamén será momento para que novos negocios locais pasen a formar parte da devandita asociación, así como para a suxestión de accións a realizar, coma organizar un concurso de tapas durante o tempo de Nadal, acción que xa se atopa na orde do día.

Fonte

Comentarios