Sábado. 11.07.2020
El tiempo

Recuperando a antoloxía poética do Monte Pindo co crowdfunding

Recuperando a antoloxía poética do Monte Pindo co crowdfunding
Chisco Fdez Naval e Miro Villar coordiraran a Antoloxia Poetica do Monte Pindo financiada con Goteo

Un novo proxecto quere saír á luz na Costa da Morte a base do micromecenazgo. Isto é, a recadación de cartos pola rede a través de pequenas aportacións será o financiamento para poder desenvolver a proposta, que neste caso, parte da Asociación Monte Pindo Parque Natural coa premisa de crear a "Antoloxía poética do Monte Pindo".

Xa leramos de feito varios poemas para o Monte Pindo da man do compañeiro Miro Villar, que vai ser precisamente un dos coordinadores do proxecto xunto a Francisco Fernández Naval. E tamén deramos conta de unha poesía inédita de Vicente Risco e Otero Pedraio sobre o Monte Pindo. Son estas só algunhas das ducias de tesouros que hai arredor do Olimpo Celta, pero para sacalas á luz nun só volume, precisan financiamento.

Aí é onde estamos tdos os "siarieros do Monte Pindo", pois a través das novas pequenas achegas poderemos conseguir que se leve a cabo.

Colaborar

A través da plataforma Goteo.org, podes facer reserva dun ou varios exemplares da "Antoloxía Poética do Monte Pindo" a un prezo único de 10 euros (o que supón un aforro de ata 5 euros sobre o prezo final que terá a obra nas librarías). O ingreso pódese facer aquí usando a tarxeta de crédito ou ben mediante PayPal.

Colabora

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

comentarios