Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo

Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo
Aló embaixo, uns 50 metros nas faldas do pico da Moa, as ruínas da Ermida do Monte Pindo xacen esparramadas ao carón do que antes eran piñeiros e agora son mesas de picnic. Pedras con historia, que ata falan, como nos contan dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural. A entidade, continuando coa súa intención de denunciar e de recuperar a historia do Olimpo Celta, quere compartir a inscrición en pedra, que todo parece apuntar que podería tratarse da inscrición fundacional da capela do Monte Pindo ou ben dunha posterior remodelación: A capela do Monte Pindo, ao igual que practicamente todo o que ten que ver coa historia deste lugar, acabou misturada coas numerosas lendas e mitos do Olimpo Celta, ata o punto de que moita xente chegou a poñer en dúbida a súa existencia. Agora, a carón do que sempre se consideraron os seus restos apareceu unha inscrición verdadeiramente sorprendente, e que xa atraiu a atención de numerosos arqueólogos e historiadores.

A capela do Monte Pindo nos documentos históricos

A alusión máis antiga -que se teña constancia- a unha edificación relixiosa no Monte Pindo data do ano 830. Durante o seu reinado, Afonso II de Oviedo (rei de Galicia) encomendoulle ao Abade Tructinio unha relación das igrexas do seu reino. Neste documento aparece "in Carnota ecclesia Pintani in Sentes": A igrexa da Moa. Moitos rexistros da época tamén atestiguan o papel do Monte Pindo: "In Carinota cum suo monte sacro" (Celanova, 942) tamén deixa lugar a poucas dúbidas: non só aparece nos documentos relixiosos da época, senón que xa se referían a el como montaña sagrada.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios