Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rematadas as obras da ponte do Ézaro

Rematadas as obras da ponte do Ézaro
Rematadas as obras da Ponte do Ezaro-Foto-Jorge Castro Rematadas as obras da Ponte do Ézaro-Foto-Jorge Castro

Remataron as obras da ponte o Ézaro, a ponte da AC-550 ao seu paso pola unión entre os concellos de Dumbría e Carnota. A ponte loce nova sinalización, e xa está aberta ao tráfico.

A ponte ten un peso limitado a 35 toneladas (en breve colocaranse os sinais para os grandes camións) e o tráfico xa pasa con normalidade, pois ata agora había un só sentido de circulación ordenado por un semáforo provisional.

Ponte do Ezaro 35Tn-Foto-Jorge Castro Ponte do Ézaro-Foto-Jorge Castro

6 meses de retraso

Estamos afeitos a esta clase de retrasos na entrega de obras, pero non está demais repasar a hemeroteca para coñecer a realidade das nosas obras.

A obra era adxudicada en agosto do ano pasado cun prazo de execución de 3 meses. Isto é, debería estar rematada en decembro. En marzo aseguraban que a ponte ía estar lista en abril, pero finalmente, e 6 meses depois do prometido, a obra foi rematada esta semana de maio.

Menos mal que chegaron para as probas deportivas como ou o Gran Fondo ou a Volta Ciclista á Provincia.

Ponte do Ezaro de noite-Foto-Jorge Castro Nova iluminación nocturna da Ponte do Ézaro-Foto-Jorge Castro  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios