Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta pasa revista ás rematadas obras da ponte do Ézaro

A Xunta pasa revista ás rematadas obras da ponte do Ézaro
ponte-xallas As obras supuxeron un investimento de máis de 419.000 euros Xa remataran o pasado mes de maio, pero onte tocaba visita institucional. delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou onte as obras xa rematadas da ponte sobre o río Xallas, nos límites entre os concellos de Dumbría e Carnota, e que supuxeron un investimento de algo máis de 419.000 euros. A ponte sobre a desembocadura do río Xallas no PQ 9+900 da estrada AC-550, presenta unha lonxitude total de 50,66 m cun trazado recto en planta. Consta dun único vano, formado por unha parella de arcos de formigón de 49,39m, situados baixo o taboleiro. A anchura total da estructura é duns 8,19 m. Os estribos son pechados de formigón en masa con muros en volta de fábrica. As obras consistiron en: mellora da drenaxe da calzada sobre os estribos; fresado do firme existente; impermeabilización e repavimentación do taboleiro; limpeza e reparación de barandillas; execución de xuntas de dilatación tipo mastic bituminoso, retirada de bloques graníticos individuales e reposición con pretiles graníticos; colocación de sumidoiros , báculos de iluminación, e barreira metálica e sinalización vertical e horizontal definitiva. Ademais realizáronse actuacións baixo o taboleiro: reparación de desconchóns e corrosións das armaduras vistas; sellado de fisuras detectadas nos arcos, montantes e lousa; limpeza de humidades nos estribos; eliminación da pintura existente e aplicación de pintura anticarbonación; colocación de perfiles no paramento do estribo para evacuación de infiltracións procedentes da xunta; colocación de goterón nos extremos dos voladizos e disposición de novas baixantes en estribos de fábrica, reposición da bandexa de protección dos tubos de conducción de electricidade e telecomunicacións; reposición de baixantes e colocación de proxectores par a iluminación da ponte.     Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/rematadas-as-obras-da-ponte-do-ezaro/ Fonte

Comentarios