Luns. 10.08.2020
El tiempo

Rescatan a unha muller no Monte Pindo

Rescatan a unha muller no Monte Pindo

Xa é o terceiro rescate que se produce este verán no Monte Pindo. Desta volta, unha muller que facía a subida dende o Fieiro viuse en dificultades arredor das 17:30h, cando chamaba ao CAE112. Cara alí foi a Policía Local, o GES Muros, 061 e Bombeiros Costa da Morte. Atoparon á muller na zona do monte Peñafiel, completamente esgotada pois saíra da casa ás 11:00 da mañá, e sen auga. A muller, xa rehidratada, conseguiu facer a baixada polo seu pé axudándoa e facendo paradas de descanso, volvendo á zona de partida ás 19:30h.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios