Venres. 29.03.2024
El tiempo

Suso Campos non poderá ser o candidato do PSdG en Carnota

Suso Campos non poderá ser o candidato do PSdG en Carnota
Suso Campos entre Fran Caamano e Pepe Blanco Suso Campos entre Fran Caamaño e Pepe Blanco

Despois de 5 lexislaturas ás súas costas, o carnotán Suso Campos ten que deixar de ser o portavoz e candidato do PSdG de Carnota e abandonar a primeira liña da vida política. Varios asuntos familiares impídenlle seguir á fronte do seu grupo e preparar con garantías as eleccións municipais de maio de 2019, por iso prefire abrir paso á militancia. “O grupo municipal terá unha reunión cos militantes para escoller o relevo, e seguro que hai xente, que a temos e moi preparada, que estea disposto a dar un paso adiante”, coméntanos.

Campos quere “agradecer a todos que se sumaron cando eu entrei na agrupación, que practicamente estaba desfeita, cando veu moita xente con moita ilusión e a piques estivemos de conseguir a alcaldía en varias ocasións”. Campos ten palabras de agradecimento para “ xente que confiou en min para ser Coordinador Comarcal, para ser Deputado provincial… Á xente do PSdG Costa Atlántica, ao presidente da provincial, ou a persoas que no seu día estiveron aí como Fran Caamaño e Marisol Soneira.”

Pero especialmente, “quero mencionar a Juan Manuel Saborido (Moma), que foi concelleiro comigo sempre, pasando momentos moi duros, como cando o BNG no nos quixo no goberno. Sei que sempre valorou o meu traballo e estou moi agradecido polo seu apoio e eu tamén sei valorar o seu traballo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-psoe-comarcal-xa-ten-coordinador/ https://quepasanacosta.gal/suso-campos-%E2%80%9Cse-teno-que-pedir-cartos-ao-pp-a-podemos-ou-ao-demo-pedirei-para-mellorar-a-vida-dos-vecinos%E2%80%9D/

Comentarios