Venres. 29.03.2024
El tiempo

Segundo rescate no Monte Pindo nunha semana

Segundo rescate no Monte Pindo nunha semana
O helicçoptero tivo que aterrar en Carnota Segundo rescate en apenas unha semana arredor do Monte Pindo. Ao longo da semana un mozo perdíase no Monte e tivo que ser rescatado. Este pasado domingo, pasaba unha situación semellante. Eran as 15:00h cando os Bombeiros de Cee e dous membros de Ges de Muros eran mobilizados por mor dun sendeirista que sufrira un golpe de calor a uns 20 minutos da Igrexa do Pindo camiño da Moa.

Conseguiron chegar á vítima seguindo o sendeiro, e apenas non respondía salvo balbuceos. Estaba tirada no chan e acompañada por outros tres compañeiros. O Helicóptero conseguiu tomar terra uns 400 metros máis arriba, achegándose un médico e unha enfermeira mentres os Bombeiros e o GES xa iniciaan o porteo nunha padiola de rescate por un complicado terreo. Feita unha primeira estabilización médica trasladouse posteriormente a vítima xa ata o helicóptero, tamén por terreo irregular, e foi trasladado ata Santiago.

Na expedición ían tamén outras tres persoas, entre as que tamén unha muller tivo que recibir asistencia sanitaria ao sufrir un golpe de calor.

Novas relacionadas

  • AXEGA

Comentarios