Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Un incendio forestal arrasa máis de 20 hectáreas en Lariño nunha zona próxima ás casas

Un incendio forestal arrasa máis de 20 hectáreas en Lariño nunha zona próxima ás casas
carnota-larino-incendio O incendio comezou ao redor das 15:40 horas e segundo Medio Rural quedou estabilizado ás 18:29 horas Unhas 26 hectáreas de monte xa quedaron arrasadas no incendio forestal que se rexistrou esta tarde na parroquia de Lariño, en Carnota. Segundo indican dende a consellería do Medio Rural o lume "quedou estabilizado" ás 18:29 horas, e "controlado" a primeira hora da mañá deste venres. O incendio comezou ao redor das 15:40 horas de hoxe nunha zona moi próxima ás casas. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que supera as 20 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións. incendio-larino-carnota Segundo as primeiras estimacións, o lume arrasou unha 20 hectáreas de monte 085 A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/265381624304199/" width="850" height="400" onlyvideo="1"] https://www.facebook.com/863838857072496/videos/243828252992575/  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/dous-incendios-durante-o-15-de-agosto-en-muros/ “Controlan rapidamente o terceiro incendio fisterrán en dúas semanas” — Que pasa na costa “Segundo incendio en 4 días na mesma zona de Punta Uhía” — Que pasa na costa “Dous sospeitosos lumes consecutivos en Fisterra e un en Muros abre a temporada de incendios” — Que pasa na costa   Fonte Redacción QPC ([email protected]) Consellería do Medio Rural

Comentarios