Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un MAR de arte agrícola en Carnota

Un MAR de arte agrícola en Carnota

Máis completa imposible. Así foi a Semana Santa en Carnota, onde a I Feira do Local en Carnota "Víndemo ver" tivo unha collida espectacular, que obriga ao Concello a ter que repetila para o ano que ben. De feito, ademais de moito público, local e visitante, cómpre destacar a implicación e participación dos que chegaron por exemplo coas súas autocaravanas, ou os artesáns, ou os que viñan compartir as súas experiencias agrarias... Todos fixeron de Carnota o centro do agro galego estes días.

A feira propiamente dita estivo chea de grande variedade de postos, coma de artesanía, regalo, horta, mel, cítricos, dulces, textil artesán... Pero unha das citas máis esperadas era a presentación do seu M.A.R. por parte do artista local Nando Lestón. O Movemento Artístico Rural nace na Costa da Morte para espallarse por todo o país.

As demostracións en vivo tamén foron importantes. A oleiría, a cestería, a montaxe de instrumentos, o debuxo... amenizadas con grupos tradicionais e de baile, foron as protagonistas, dando paso polas noites ao rock, da mand dos grupos Filloas on the stone e Tanto me ten.

Pero houbo moito máis que arte na Mostra "Víndemo Ver".

Inauguración do punto limpo para autocaravanas

Canta necesidade había dun punto limpo para autocaravanas na Costa da Morte. Tiveron que ser as propias autocaravanas as que convertisen Carnota no seu lugar fetiche para que nos deramos conta do tesouro que reprensentan, pois se ben non durmen en hoteis nin casas rurais, si teñen que comer, mercar, botar gasolina... Pois o Concello carnotán abriu o punto limpo para autocaravanas de Marde Lira, coa presenza de máis de 100 autocaravas.
O Concello quixo ademais darlle voz ao colectivo AGA, Asociación Galega de Autocaravanas, e pola tarde realizaron un acto de confraternidade co seu presidente.

E volverán, pois no mes de xuño realizarase unha nova concentración para a posta en marcha do segundo punto limpo en Boca do Río. Unha alegría.

Charlas sobre o agro

Ao mesmo tempo que se desenvolvia a feira, desenvolvéronse vaias charlas derivadas ao consumo responsable, produción ecolóxica e situación do agro por parte de produtores e organización agrarias. A primeira foi Mari Carmen Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, “que se preguntou se "A Terra agraria para alimentos ou para enerxía?". Falaron en clave local os Xosé Manuel Casais e Lucía Ferreiro, responsables da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas, que repasaron a súa experiencia. E finalmente Miguel Méndez, da “Horta Miguel e Lidia”, e Pura Seoane, da “Hortesan de Vedra”, expuxeron as súas experiencias na terra.

Unha de Monte Pindo

Unha das últimas citas foi a proxección curtametraxe da subida sobre o Monte Pindo e unha charla coloquio. Todo preparando o roteiro reivindicativo do vindeiro sábado 14 de abril por un Parque Natural no Monte Pindo.

Ademais, os pequenos tiveron o seu tempo, e puideron disfrutar do contacontos O trasno Gorogó e o baúl máxico, da man do duende Sico.

1º BTT de Carnota

Uns 350 ciclistas disfrutaron da ruta, e non puideron rematar sen eloxiar a beleza de Carnota dende a Senda Verde. Os primeiros en arrincar, dende o Concello carnotán, foron os membros do O Clube Ciclista Dumbría. Tras facer unha incursión na praia, rubiron o monte carnotán, e voltaron ao Concello. Foi o muradán, José Vicente Formoso Otero (Triki), gañador xa na ruta de Dumbría e entrenador dos rapaces do equipo dumbriés, o campión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios