Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un roteiro conmemora o quinto aniversario da asociación Monte Pindo Parque Natural

Un roteiro conmemora o quinto aniversario da asociación Monte Pindo Parque Natural
5 anos da Asociación Monte Pindo Parque Natural Xa case pasaron cinco anos despois desde aquel 17 de outubro de 2010 en que un grupo de veciños e veciñas de Carnota crearan a Asociación Monte Pindo Parque Natural co obxectivo de denunciar o estado de abandono deste emblemático lugar e de que a Xunta o declaraseParque Natural, como seguen defendendo máis de vinte científicos das tres universidades galegas. Segundo indican os propios fundadores, cinco anos despois as adhesións disparáronse xa que as “enquisas ratifican que un amplísimo 73,3% da sociedade apoia a medida- só un 2,2% a rexeita- e, o mellor de todo, xa ninguén dubida que o Monte Pindo é un dos montes máis valiosos, importantes e recoñecidos da xeografía galega”. Roteiro ata a Moa Por este motivo, o vindeiro 17 de outubro de 2015 levaranse a cabo unha serie de actividades coas que os membros da organización lles queren agradecer aos centos de persoas (veciños e veciñas, investigadores, visitantes…) que se sumaron a esta loita ambiental. Os actos comezan ás 10 horas cun roteiro ata a Moa con saída dende a igrexa do Pindo. Durante a saída visitarase a mítica casa da Xoana ou cova Revertedemos, un dos espazos máxicos deste monte sacro dos nosos antergos. Ao descender terán lugar outros actos culturais e lúdicos dirixidos a todos os públicos nos que estarán presentes a comida e a festa. Con puntos do programa aínda sen pechar, un dos actos confirmados é a degustación de cócteles da man do veciño Pedro Tomás Sestayo Riveiro que é o creador do Pindo`s Sea and Mountain (na foto), premiado mellor cóctel galego no 2014.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios