Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha beca acuícola para aprender a excelencia culinaria en Nova Iorque

Unha beca acuícola para aprender a excelencia culinaria en Nova Iorque
Jordi Trias Presidente de Stolto Sea Farm co Chef Bruce Mattel Jordi Trias, Presidente de Stolto Sea Farm, co Chef Bruce Mattel Un estudante norteamericano terá a oportunidade o vindeiro curso de formar parte do prestixioso programa de estudos culinarios na institución máis recoñecida do mundo, The Culinary Institute of America. Unha entidade cunha reputación de excelencia educativa que é considerada a Universidade culinaria máis importante a nivel internacional, despois de 60 anos en funcionamento. O centro vén de asinar un convenio con Stolt Sea Farm, para crear a "Beca Stolt Sea Farm”. O acordo non só permitirá que o estudante obteña un título universitario, senón que tamén adquira un coñecemento máis profundo sobre a acuicultura, a forma máis sostenible do planeta, na produción de proteína animal. Ademais, Stolt Sea Farm invitará ao estudante á súa sé e instalacións en Europa. O presidente da empresa acuícola, Jordi Trias asinou, así mesmo, un acordo coa intención de facer posible que outros estudantes do campus de Nova York completen as súas formación, traballando, degustando e aprendendo máis sobre o rodaballo, lenguado e esturión. Stolt Sea Farm doará máis de 1100 quilos de peixe extra fresco, de cultivo de calidade, para estes fins.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-limpeza-moi-acuicola-da-illa-do-castelo/

Comentarios