Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha bisbarra con Encantos

Unha bisbarra con Encantos
Hai moitos Lugares con Encanto na Costa da Morte, como o Monte Pindo, Mar de Fóra ou a Praia do Osmo

Son moitas as lendas sobre os Encantos na Costa da Morte (esperemos que nos enviades algunha máis que coñezades). I é que as lendas son un dos patrimonios máis valiosos da literatura oral de toda Galicia, e estas criaturas nocturnas ás que lle din “Encantos”, son unhas das protagonistas máis especiais.

Nos últimos tempos temos escoitado fermosas historias sobre 3 lugares por onde os Encantos saen do centro da terra e veñen visitarnos a este, o noso mundo. Disque son altas e delgadas, sen rostro definidos, e somentes saen ao anoitecer, para arrincarlle o espírito aos nenos despistados. E as portas que teñen para saír ao mundo son as furnas, en plenos areais, ou ben, nas fontes, aló no monte.

Hoxe imos de viaxe por Corme, con Suso Lista; por Fisterra, con Javier; e mais polo Monte Pindo, onde Pepe do Fieiro, co que falaremos a vindeira semana nas Bondades da fala, nos desvela unha historia que non coñeciamos.

Imos por pasos, pero ollo, que aínda que non os vexas, eles si que che ven…

A fonte dos Encantos, no Monte Pindo

A Fonte das Chozas esta preto do Pico de Penafiel - Foto- Chiara Luppoli

Conta Pepe do Fieiro que aló no Campo das Chozas, entre Peñafiel e a fervenza do Coadoiro, hai unha fonte, que nunca seca, a Fonte das Chozas. Disque un home do Fieiro foi polo camiño de Portela Ventosa, a pastar as vacas, como cada día. Pero foi aquel día, cando o home veu unha moza rubia, moi guapa, que estaba calcentando.
O home achegouse e ela explicoulle:
- "Eu son un Encanto. Bueno, ser son unha moza como me ves, pero estou encantada nesa fonte, onde vivo. E teño que ficar aquí ata que alguén me desecante. Se alguén me desencanta serei libre como as demais".
- "Pero e logo que hai que facer para desencantarlle", preguntou o home.
- "Hai que vir aquí, un día de San Xoán, antes de saír o sol. Eu hei de saír ao encontro, pero en forma de serpe. Esa persoa terá que vir soa, e nunca nunca poderá falar de Dios. Terá que darlle 3 besos, un cabeza, un nas costas e outro na cola, e a serpe irá amansando. E que non se preocupe, que non lle vou facer mal, que a serpe son eu. Ao retirarse a serpe hai de saír un touro, ao que terás que batir. En canto o controles, o touro marcha. E aparecerei eu, cargada de ouro. E poderás quedar comigo e co ouro, ou se non queres, só co ouro".
- "Hei de vir, logo, desencantarche o vindeiro San Xoán", asegurou o home.

O home marchou para casa e contoulle a súa muller a historia. A muller quixo ir pero o home avisouna que tiña que ir só.

Chegou San Xoán, e alá foi, a Fonte das Chozas. Nada máis chegar, saíu a serpe, e tras pelexar un pouco conseguiu darlle os 3 besos. Marchou e apareceu o touro. Pero a muller, que non puidera gardar o segredo, perseguírao e quedara agochada a uns mentreso. Ao velo touro abalanzarse contra o seu home, e malia que el xa lle dixera que non lle ía pasar nada, á muller escapóuselle un berrou: "Ai Xesús, Dios nos vaia!".

Falou de Dios, o touro marchou e o Encanto alí ficou. E ficou durante 7 anos máis, pois por ese tempo non podía ter saído máis durante ese tempo. Eses 7 anos pasaron, ou máis, porque que Pepe do Fieiro, aínda fica aló pois non houbo ninguén que a desencantase.


A Furna do Osmo, en Corme

A Furna do Osmo, en Corme

Outro dos lugares místicos por excelencia na Costa da Morte é a Furna do Osmo, na praia homónima de Corme. É tal que ata organizan cada verán un luminoso festival á luz das velas, para chamar aos Encantos, polo que teñen pasado verdadeiras personalidades do mundo cultural galego.

Emilio Cao nunha das Noites dos Encantos da Furna do Osmo-Foto- Suso Lista

Pero o que queremos é lenda, e lendas hainas.

A lenda dos Encantos na Furna, por Suso Lista

Conta a lenda, e dí a experiencia, que, quen anda de noite polas plaias de Corme, ten a sensación de que alguén, cerca de el, o segue. Pero xusto cando te das a volta, non hai ninguén, sólo a sensación, outra vez, de que volve a estar a tua espalda. As xentes de Corme que esto sabemos, xa non nos asusta, nin, moito menos, nos quita , nas noites cálidas do vran, de darnos un paseo mentras escoitamos o rumor continuo do mar, estricandose na area. Conta a lenda e dinos a experiencia, que quen nos sigue nestas noites pola plaia, son os Encantos. Habitan os Encantos, no mais profundo da terra, e vagan polas plaias en busca de algún neno, pra, se está sólo, levarlle o sentido, e roubarlle o corpo. Son as furnas, que tanto abundan por estas terras do mar, a porta pola que os Encantos, salen do mundo das tebras e acceden o noso mundo mortal. Conta a lenda e dí a experiencia, que os Encantos, son moi, pero que moi altos, e andan a grandes pasos. Nunca morren.

A Furna do Osmo de Corme, é, a porta principal, por donde os Encantos todos do mundo salen. A Furna do Osmo é, o sitio donde desde hai dez anos, as xentes de Corme fanlle a homenaxe e estes Encantos que hasta hoxe, sempre respetaron, os que aquí, neste embigho do fin do mundo viven, e morren. Ten a furna, as condicións pras representacións tanto teatrales coma musicales, que pra si quixera o Coliseo Romano, ou o Teatro de Mérida. É a Furna, un entorno e un espacio completamente natural, donde a man da humanidade ainda non tocou, sólo o Océano nas fortes turbonadas invernales, é o constructor de este sitio único no mundo.


A Cova dos encantos en Mar de Fóra

A Cova dos Encantos está na praia de Mar de Fóra, en  Fisterra

Impresionantemente emotivo é o lugar A Cova do Encanto, no corazón da Praia de Mar de Fóra. Un lugar cheo de simbolismo onde as lendas dos Encantos se mesturan cos conxuros peregrinos, pois son moitos os que rematan o camiño a pé do mar, durmindo nunha tenda de campaña ao abrigo das rochas de Mar de Fóra.

Contan que a furna se utiliza dende a época castrexa como refuxio, e memso que aló se agochan tesouros sepultados. Hai lendas para todas os gustos, como a que compara a furna cos xenitais femininos, facendo unha oda á fertilidade.

Pero como non, andan os encantos polo medio, e que anden con ollo eses peregrinos que trasnoitan no areal. E se non que llo conten a Javier, que tras percorrer medio mundo, fica agora día e noite da cova para manter conversas místicas cos visitantes, mentres xuntos, escoitan o incrible son, en estéreo, dun mar que invade os sentidos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios