Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha nova vía para escadar O Pindo

Unha nova vía para escadar O Pindo
Nova via de escalada aberta no Pindo

Apenas unha escordadura de nocello como consecuencia negativa. Pero a satisfacción de chegar ao cumio, por unha vía pola ninguén subira antes, non ten prezo. Así o valoran os bravos bombeiros tralo seu "Reencontro emocional" co Olimpo Celta. I é que xa os temos vistos “Colgados” da Cascada do Ézaro e mesmo os temos filmado facendo barranquismo no liberado río Xallas.

Non teñen límites estes Rubén Suárez Carballo e compañía. Escolleron unha vía inexplorada. Xa os víramos escalar ata o mesmo Océano do monte Pindo, como lle puxeron a unha rocha indomable cunhas privilexiadas vistas.

Desta volta, cun clavo plano longo e un clavo en V pequeno; empotradores do número 1 e 3, estribos, 5 ou 6 chapas recuperables, unha "uña" e estribos, e sobre todo "un gran chisco de entusiasmo" rubiron outro cumio.

Ala, preparada para quen se atreva...

Novas relacionadas

Comentarios