Martes. 19.03.2019
El tiempo

Un veciño de Carnota leva un ano denunciando problemas para entrar na casa coa súa cadeira de rodas tras unhas obras na estrada

Amancio ten claros problemas de accesibilidade para entrar na súa casa
Amancio ten claros problemas de accesibilidade para entrar na súa casa
Un veciño de Carnota leva un ano denunciando problemas para entrar na casa coa súa cadeira de rodas tras unhas obras na estrada

Amancio García Senande é un veciño de Lariño (Carnota) que sofre paraplexía como consecuencia dun accidente. Vive nunha casa situada nunha finca ao pé da estrada AC-550 (Cee-Ribeira) e desprázase en cadeira de rodas.

Dende hai tempo vén denunciando que, a raíz de diversas obras de mantemento realizadas na referida estrada, se foi formando un desnivel que lle impide entrar e saír da súa finca sen axuda doutra persoa.

En marzo de 2018, Amancio presentou un escrito ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, solicitando que se rebaixase o borde da estrada co fin de eliminar esta barreira que lle impide o acceso autónomo á súa vivenda.

Un ano despois, o afectado non tivo resposta ningunha por parte da Xunta de Galicia, a estrada permanece no mesmo estado e Amancio continúa privado de desenvolver unha vida autónoma.

De aí que o Concello de Carnota tomase nota e eleve a súa denuncia de accesibilidade a nivel mediático. Esperan que a Xunta faga caso das queixas do veciño.

Amancio ten claros problemas de accesibilidade en Carnota

Comentarios