Venres. 29.03.2024
El tiempo

1.110 alumn@s e 500 maiores gozaron do completo programa do Mes da Fundación Fernando Blanco

1.110 alumn@s e 500 maiores gozaron do completo programa do Mes da Fundación Fernando Blanco
Sesion escolar no Mes da Fundacion Fernando Blanco Sesion escolar no Mes da Fundacion Fernando Blanco Rematou a 6ª Edición do Programa O Mes da Fundación. A última cita tivo lugar o pasado sábado co Concerto "Músicas da lusofonía" de Falua, grupo integrado por Sara de Sousa e Gonzalo Goás, e que tivo unha boa acollida. Foi unha das citas enfocadas ao público en xeral, das que disfrutaron arredor de 500 persoas, cifra coa que a oirganización está máis que satisfeitos posto que os asistentes tiveron que "loitar" contra as inclemencias meteorolóxicas, en dúas das catro xornadas, ademais da coincidencia con outros eventos na zona. Sesion de nutricion no Mes da Fundacion Sesión de nutrición no Mes da Fundacion En todo caso, o completo programa do mes de outubro ten unha segunda liña de actuación enfocada ao alumnado dos centros de ensino da vila de Cee. Das actividades programadas para os colexios, beneficiáronse 1100 nenos e nenas, así como tamén os usuarios e usuarias de Aspadex, aos que sempre convidamos. Os máis pequenos, uns 220 nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, mergulláronse nun conto titulado “Conto para escoitar mentas bailamos un vals”, da man de Caxoto Cativo, e que tiña por finalidade descubrir a esencia da música. A mesma cifra, xa de 3º e 4º de Primaria, asistiron ao espectáculo “O ritmo do camiño” da Compañía A Tropa de Trapo, onde coñeceron a fermosa historia de amizade entre unha nena galega, chamada Antía, e un neno do Congo chamado Wamba. Pola súa parte, o alumnado de 5º e 6º de Primaria viaxou ao mundo dos mouros e das mouras con Raquel Queizás, nunha actividade que levou por título “O Eco das pedras” e que tiña por obxecto poñer en valor o noso rico patrimonio cultural, material e inmaterial. Máis de douscentos alumnos da ESO participou nunha conferencia impartida por Alexandra Bello, de Cooperativas Lácteas Unidas CLUN, coa que se pretendía concienciar sobre a importancia de adquirir uns hábitos de alimentación saudables. E por último, os rapaces e rapazas de bacharelato asistiron a unha charla co profesor de Fisioloxía da UDC, Casto Rivadulla, onde se falou de ilusións, de maxia ou de confusións da percepción, poñendo en dúbida a fiabilidade dos nosos sentidos, e a súa capacidade para procesar toda a información que reciben. Sesion no Mes da Fundacion para os alumnos dos IEs de Cee Sesion no Mes da Fundacion para os alumnos dos IEs de Cee

Agradecementos

Darío Areas, responsable da Fundación, destaca tamén esa sempre emotiva e tradicional ofrenda floral depositada na tumba de Fernando Blanco de Lema, e a misa celebrada na honra do fundador, do profesorado, alumnado e persoal non docente do Instituto. O propio Areas quere adicar un espazo a todas esas persoas e entidades que fixeron posible este programa: Como podedes imaxinar, levar adiante un programa destas características non é sinxelo para unha entidade modesta como a Fundación. Non só fai falta ilusión e esforzo a partes iguais, senón que tamén son imprescindibles os apoios e colaboracións, sen os cales, nada disto sería posible. Polo tanto, aproveito para agradecer a tódolas persoas e entidades que apostaron, un ano máis, polo noso programa: Aos meus compañeiros e compañeiras do Padroado; Aos nosos patrocinadores e colaboradores por confiar neste proxecto educativo e cultural; A tódolos centros de ensino que asistiron ás distintas actividades programadas para eles; Á gaiteira Andrea Rodríguez, ao párroco Desiré Kouakou, a Iván Pérez, a Dolores Oliveira, ao Coro do Centro Social de Cee, e aos alumnos Darío Lago e Paula Pérez, pola participación na ofrenda floral e na misa do pasado sábado; A tódolos convidados e convidadas por aceptala nosa invitación, e encher de cultura a nosa vila neste mes de outubro; Ao público, por asistir a cada unha das actividades propostas; Ao Concello de Cee e ao I.E.S. Fernando Blanco, por cedernos as súas instalacións, para que nelas se desenvolvesen todos e cada un dos actos. Tres mencións especiais para rematar este capítulo de agradecementos: a primeira delas para o profesorado e persoal do I.E.S. Fernando Blanco, encabezado pola súa Directora e integrante do Padroado, Chelo Trillo; a segunda para Fernando Fraga, amigo da infancia e Director da Escola de Música de Cee, por axudarnos coas cuestións técnicas nos concertos; e a terceira para alguén, que aínda que non forma parte da Fundación, é peza indispensable para que este programa sexa unha realidade. Estoume a referir, evidentemente, ao Técnico de Cultura do Concello de Cee, Víctor Castiñeira Castro. Falua no Mes da Fundacion Fernando Blanco de Cee Falúa pechou o Mes da Fundacion Fernando Blanco de Cee cunha viaxe polas músicas lusófonas do mundo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-fondacion-fernando-blanco-lembrou-a-manuel-vazquez-formos/ https://quepasanacosta.gal/mais-de-200-alumnos-dubidaron-sobre-a-percepcion-real-das-cousas-con-castro-rivadulla/

Comentarios