Venres. 29.03.2024
El tiempo

17 Bibliotecas escolares da Costa renovan os seus Clubs de Lectura

17 Bibliotecas escolares da Costa renovan os seus Clubs de Lectura
Care Santos falou cos membros do clube da lectura sobre dúas das súuas novelas Imaxe dun club de lectura do IES Pedra da Aguia Seguen as Bibliotecas escolares da Costa da Morte na vangarda do ensino galego. Xa coñecimos as 6 que participan no proxecto piloto “Radio na Biblio”, e hoxe contamos as que renovan os seus Clubs de Lectura. Un total de 17 centros educativos de ESO, bacharelato, FP ou ensinanzas de réxime especial da Costa da Morte poñerán en marcha este curso os clubs de lectura, espazos de dinamización a prol da lectura. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a resolución pola que se conceden axudas para sufragar os gastos derivados do desenvolvemento de actividades previstas para o club, fundamentalmente aqueles que teñen que ver coa adquisición de libros, que pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca escolar. Os centros que disfrutarán dos clubs de Lectura son:
  • IES Alfredo Brañas (Carballo)
  • IES Isidro Parga Pondal (Carballo)
  • IES Monte Neme (Carballo)
  • IES Agra Raíces (Cee)
  • IES Fernando Blanco (Cee)
  • CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)
  • IES Fin do Camiño (Fisterra)
  • CPI Plurilingue Cabo da Area (Laxe)
  • IES Urbano Lugrís (Malpica)
  • CPI da Picota (Mazaricos)
  • IES Terra do Xallas (Santa Comba)
  • IES Terra de Soneira (Vimianzo)
  • CPI de Zas (Zas)
  • IES Maximino Romero de Lema (Zas)

Espazos de convivencia e motivación

Os clubs de lectura funcionan como grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas e como ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida. Asemade, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá, ao mesmo tempo que son útiles para incorporar á lectura a mozos e mozas que presentan pouco interese por este hábito. Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo. Plan LÍA 2016-2020 Lembran que segue en marcha o Plan LÍA 2016-2020 de bibliotecas escolares, que contempla como ámbitos de actuación para este período varios desafíos, entre eles o denominado Máis e mellores experiencias lectoras, que recolle entre as súas medidas a continuidade da convocatoria dos clubs de lectura, así como o deseño e posta en marcha de iniciativas destinadas a promover a lectura entre os denominados grupos de risco (adolescentes e varóns, fundamentalmente), así como entre o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Novas relacionadas

Fonte

      • Xunta.

Comentarios