#25N: Erradicando a violencia de xénero
12:05 26/11/16
Na Praza 8 de marzo de Cee, ao chamamento da Buserana, sempre acode xente de todas as idades-Foto-Rafa Quintáns
Numerosísimas inicitativas arredor do Dia contra a Violencia de Xénero na bisbarra, cun seguemento, hai que dicilo, dispar. Concellos e entidades volcáronse con este día tan importante a día de hoxe, pero que “é só unha vez ao ano, mentres que os outros 364 días debemos seguir traballando para erradicar esta lacra, debemos educar ás novas xeracións na igualdade”, como reflexionaba a concelleira malpicá Marisol Blanco.
Un día para seguir erradicando unha “violencia machista que non ten idade”, como rezaba unha das pancartas da concentración que artellou a Organización Feminista Buserana na Praza 8 de marzo de Cee.
Son sempre as citas da única entidade feminista da comarca un dos epicentros da loita pola defensa da muller. Un cento de persoas achegouse ata o centro ceense para escoitar o comunicado da man de Cris Ledo, os máis que duros nomes das mulleres asasinadas da voz de Ester e Ana. Ademais, os combativos Rocío Leira e Leo KCH deixaron a súa importante en clave poética e rapeira.
Ademais, como aconteceu coa concentración contra a LOMCE, os bregadores membros do Comité de Empresa de Ferroatlántica e os concentrados contra a violencia de xénero compartiron as súas loitas.
Foto de Rafa Quintáns
En Cee, doble concentración e certame de carteis
[fbvideo link="https://www.facebook.com/concellocee/videos/1240745879333602/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Pola mañá era o Centro de Información á Muller de Cee o que convocaba unha concentración na propia praza 8 de marzo. Ademais, entregaban os premios do Concurso de Cartéis contra a violencia de xénero CIM 2016. Mar Fernández de Larrinoa Quintela galou a de Primaria; María Santalla a de ESO e Bacharelato e Nerea Otero Ferreiro a de adultos. Tamén desenvolveron, ao longo da semana, varias actividades os alumnos do IES Agra de Raíces, que ademais participaron na concentración municipaa. O propio venres os rapaces posaron creando un lazo humano no patio do instituto. Os alumnos e profesores vestían camisetas que eles mesmos pintaron con cores violetas e co debuxo da man, como símbolo de rexeitamento cara esa eiva social. Tamén se colgaron no taboleiro principal bolboretas, representando a cada una das vítimas que perderon a súa vida este ano por mor da violencia de xénero. Fermoso lazo que montaron os alumnos do IES Agra Raíces contra a Violencia de XéneroEn Zas, os comercios e os estudantes en negro
No marco da campaña En Negro contra a Violencia de Xénero, máis de 100 escaparates baieses, pendentes tamén da fin de semana do #VenresNejro de ofertas e filloas, se vestiron de negro para visibilizar unha problemática gran evidente como silenciosa. Ademais, alumnado do IES Maximino Romero Lema de Baio tamén posou en Negro contra a violencia.En Carballo
O Concello tinxiu de negro arredor de 75 tendas e locais hostaleiros da capital municipal co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía cara a violencia machista. Trátase dunha iniciativa na que participan 16 concellos de toda Galicia e que en Carballo subscriben establecementos comerciais de todo tipo: dende cafetarías, ata tendas de roupa, perruquerías, tendas de decoración ou o propio Mercado Municipal ao completo. Ademais, preto de 150 persoas déronse cita na Praza do Concello de Carballo para condenar escoitar a declaración institucional do Concello. Cada globo levaba o nome dunha das vítimas, incluíndo unha muller embarazada falecida a pasada noite: en negro contra a violencia!Andaina e Concentración en Muros
Intensa a Andaina organizada polo CIM de Esteiro a Muros entre as participantes no obradoiro de memoria, todas maiores de 65 anos. Saíron dende Esteiro unhas 25 persoas e ao longo do percorrido foi sumándose xente ata alcanzar un grupo amplo pero espallado, debido a diferencia de ritmo ao camiñar. Ao remate, houbo concentración na Praza do Concello muradán cunha lectura do manifesto e un minuto de silencio. Ademais, durante a semana desenvolvéronse Obradoiros de Hip-Hop contra a Violencia de Xénero nos IES de Muros e Carnota.Concentración en Muxía
A Concellaría da Muller e o Centro de Información á muller, que forma parte da Rede Galega de Entidades Locais contra a violencia de xénero, realizaba unha conentración coa lectura da declaración institucional por parte da concelleira da muller, Mónica Vilela, para visibilizar a solidaridade da cidadanía de Muxía e homenaxear as vítimas da violencia machista.Exposición en Malpica
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Malpica, inauguraba a exposición “Por elas, por nós”, integrada por 12 fotografías do corcubionés Senén García Insua protagonizadas por mulleres e homes do concello que poñen así o seu gran de area contra a violencia de xénero. No día internacional dedicado á eliminación desta lacra social, Marisol Blanco Gorín quixo poñer en valor, precisamente, a implicación da veciñanza malpicá, á que puxo como exemplo dunha loita que debe ser conxunta de toda a sociedade para evitar que se siga reproducindo. “Esta forma de violencia comeza cada vez máis cedo. Son moitas as adolescentes que o están vivindo a mans das súas parellas, e ao non ser conscientes do que realmente sucede debemos dicirllo nós, tratar de explicarlles e de facerlles ver que esta situación non é normal. Non te quere máis por terte tan controlada, senón que está tratando de anularte, de illarte do teu círculo social para que dependas del”. Xunto a esta dura pero realista reflexión, que a concelleira de Servizos Sociais acompañou con datos, Marisol Blanco lamentou que sexa preciso sinalar unha data no calendario “para lembrarnos de que moitas mulleres son vítimas de malos tratos, sexan físicos ou psicolóxicos, ou, o que é peor e irreparable, que morran asasinadas polas súas parellas. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade estivo acompañada polos seus compañeiros Miguel Fernández e Iago Espasandín, polos técnicos municipais da súa área e por moitos e moitas dos e das protagonistas da exposición, entre os que figuran a propia Marisol Blanco, o concelleiro do BNG e percebeiro Paco Souto, o cociñeiro Fernando Agrasar, a oleira Carmen Isabel e moitas outras persoas que teñen en común a súa repulsa á violencia de xénero. O acto de apertura da exposición, que permanecerá ata o Nadal no Centro Cívico, incluíu tamén a proxección do “lipdub” gravado o ano pasado e un aperitivo.Debuxos en Corcubión
Os Debuxos dos/as menores do CEIP e da Escola infantil foron os protagonistas do 25N en Corcubión.En Ponteceso
Membros de Abellariza e da Fundación Eduardo Pondal participaron na andaina "Camiño ao respecto" A agrupación deportiva Abellariza e os membros da FEP Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, participaron na andaina "Camiño ao respecto" que partiu o pasado domingo dende o monte do Gozo de Santiago de Compostela ata a praza do Obradoiro onde se liu un manfiesto contra a violencia de xénero.Na Coruña
E tamén podemos achegarnos ata á Coruña para visitar a exposición en clave feminina da fisterrá Lucía Costa. Novas relacionadas- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- /a-buserana-rexeita-as-ofertas-de-emprego-sexistas/.
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
- 25-11-16: #25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub
- Redacción QPC ([email protected])