Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3 anos de Operación Orquesta e, por agora, ningún resultado

3 anos de Operación Orquesta e, por agora, ningún resultado

Cúmprese hoxe, 31 de xaneiro de 2014, 3 anos do comezo da "Operación Orquesta". Menudo día aquel. Cos furgóns da Policía Nacional tomando o Concello de Cee, as reaccións inverosímiles dos políticos afectados, os veciños sobresaltados por tanto movemento...

Tras máis de 25 imputados, 0 dimisións, varios alcaldes implicados que saíron reelixidos mesmo doblando votos, moitas explicacións, moita adxudicacións dubidosas, moita caixa B por xustificar, un  par de xuíces ao cargo... por agora, non temos resultado.

Temos feito un repaso aos implicados dos Concellos de Cee, Mazaricos, Fisterra, Corcubión e Muxía, temos escoitado conversas a través do sumario... dando conta da gravidade deste asunto que a nivel municipal chegou ás cadeas de todo o país.

O pasado mes de outubro sabiamos que o xuizo oral estaba en camiño, a través da Audiencia Provincial da Coruña, pero dende esa non temos novas. Así nolo recorda Dani Oca, do ANC, que nos lembra a "efeméride" e de paso nos pregunta como está o asunto.

Daquela... Que pasa coa Operación Orquesta??

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Comentarios