Xoves. 25.04.2024
El tiempo

400 persoas saen á rúa en Cee para esixir a blindaxe do Sistema Público de Pensións

400 persoas saen á rúa en Cee para esixir a blindaxe do Sistema Público de Pensións
Concetracion da CIG Por unhas pensions dignas en Cee Concentración da CIG Por unhas pensions dignas en Cee 400 son moitas persoas para unha concentración na Costa da Morte para unha mañá laborable, e co tempo que vai estes días. Así demostraron os pensionistas e xubilados da comarca a súa repulsa aos continuos recortes deste goberno do Partido Popular. 400 persoas ás que non lle valeron as palabras do presidente do goberno onte no Parlamento, ás que non lle serve o mísero euro que lle subiron este ano, e que decidiron secundar a convocatoria da CIG. Unhas mobilizacións que se repetiron ao longo das capitais comarcais de todo o país que piden varias cousas concretas: a blindaxe do sistema público de pensións, a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos 8 anos e a esixencia de que as pensións mínimas sexan iguais ao Salario Mínimo Interprofesional. O encargado de por voz á concentración foi Lois Lado, Portavoz do Colectivo de Xubilados e Pensionista da CIG na comarca. Lado recoñece que non contaban con tanta xente cando as 11:30h estaba caendo unha chuvia tremenda, pero a xente respondeu porque está indiganda, e preocupada polo presente, pero tamén polo futuro. E máis despois do debate das Cortes de onte, onde non se viron alternativas nas Cortes nin do PP nin do resto de para o futuro do Plan Público de Pensións”. Lado critica os argumentos aportados polo goberno. “Non son argumentos dicir que non hai cartos, cando veñen de rescatar os bancos, as autopistas, o Pastor…“ Entre os cánticos resoaron o que denunciaba “Sobran ladróns" ou "Que non nos rouben as pensións”. Entre os veciños cabreados tamén estaban presentes os emigrantes retornados, que seguen esquecidos e cos que se lle está facendo auténticos roubos. Concetracion da CIG Por unhas pensions dignas en Cee 2 Concentración da CIG Por unhas pensións dignas en Cee

Máis cifras

Dende a CIG lembran que preto dun 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, focalizando no caso galego, onde as pensións están máis de 15 puntos por baixo da pensión media do Estado español. Lembran ademais que “1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo a liña da pobreza. Ademais, o drama poboacional non fai máis que empeoar a situación, facéndonos a practicamente toda a poboación vindeiros herdeiros desta grave situación. Todo isto vense acrecentado polas palabras do presidente no Parlamento. Á CIG parécelle “idecente“ que o Presidente do Goberno do estado español afirmara que durante os seus anos de mandato non houbo recortes nesta materia; que ligara calquera mellora a que lle aproben os Orzamentos Xerais do Estado e que manteña inamovíbeis as sucesivas reformas, nomeadamente as impostas en 2011 e 2013.

Alternativas

Por iso a CIG entende que “calquera solución pasa, en todo caso, pola derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións de 2011 e 2013; rematar coas tarifas planas e bonificacións das cotizacións á seguridade social e articular medidas que garantan, de verdade, a viabilidade do sistema público de pensións”. Concentración da CIG Por unhas pensións dignas en Cee Concentración da CIG Por unhas pensións dignas en Cee  

Novas relacionadas

 

Fonte

  • CIG.

Comentarios