Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os 5 gañador@s das Becas-Premio Fernando Blanco

Visita ao Museo Fernando Blanco
Foto aos participantes da visita guiada ao Museo Fernando Blanco do pasado xoves
Os 5 gañador@s das Becas-Premio Fernando Blanco

Xa se coñecen os/as agraciados/as na X Edición das Beca Premio “Fernando Blanco” correspondentes ao recentemente rematado curso 2020-2021, os cales están organizados conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee. Uns premios con historia, pois xa se recollen no Regulamento do Colexio-Instituto, publicado no 1886.

Agora as becas premian os mellores expedientes, con Premios valorados en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

Se ben a cerimonia de entrega das Becas Premio se celebrará nun día aínda por determinar do mes de outubro, xa podemos felicitar aos premiados:

  • DAVID SANTABAYA PAZ (2º ESO)
  • MARTÍN HERNÁNDEZ ABAD (1º BACHARELATO)
  • ANDRÉS RODRÍGUEZ SUÁREZ (1º CICLO BÁSICO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA)
  • JUAN ALEJANDRO FERRÍO CORREIA (1º CICLO MEDIO - XESTIÓN ADMINISTRATIVA)
  • TAMARA MARTÍNS LAGO (1º CICLO SUPERIOR - ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

Os contan coa colaboración de varias firmas comerciais (Abanca, O Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L. - Mapfre, Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria).

Visitas ao Museo

Continúan as visitas guiadas cada xoves, no marco da actividade "Coñece o teu pobo", organizada pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o Centro Social Cee. O xoves pasada tocou moita calor; hoxe tocou día gris.... pero, en calquera caso, foi moi gratificante. Visita ao Museo, ao xardín botánico e á capela do Instituto onde repousan os restos do fundador.

Comentarios