A ANPA Uxío volve pelexar pola xornada única mentres que a ANPA Alén pide unha cociña directa
Dúas bregas teñen en marcha as ANPAS dos centros CEIP Praia de Quenxe de Corcubión e do CEIP Eugenio López de Cee.
Medidas de presión que melloran a cociña
Comprobaron os nenos do CEIP Praia de Quenxe que o que chora, mama mellor. As queixas públicas realizadas polo servicio de comidas do comedor do centro provocou que a calidade das mesmas mellorase cualitativamente, o que demostra que a presión causa os seus efectos.
Pero dende a ANPA Alén queren ir máis alá e xa iniciaron os contactos cos diferentes grupos municipais para presentar ó pleno unha moción consensuada para solicitar a instalación dunha cociña no CEIP Praia de Quenxe.
Á súa vez a ANPA Alén anima a tódolas familias que estén valorando matricular o seus pequenos no CEIP Praia de Quenxe, e lles quere mandar unha mensaxe de tranquilidade: "Nos, en colaboración co profesorado, imos seguir manténdonos vixiantes para que todos os pais e nais poidan mandar ós seus pequenos a comer ó centro con tranquilidade. Temos, ó noso entender, un centro calificable de cinco estrelas, cunha calidade de instalacións, profesorado e de valores educativos por riba da media, e xa sabemos por experiencias anteriores, e polo acontecido agora mesmo, que non podemos nin vamos a relaxamos neste tema”.
Xornada única
Volve, por terceira vez (“será a vencida”, esperan), a ANPA Uxío intentará instaurar a Xornada única no CEIP Eugenio López de Cee. Unha loita habitual entre as ANPAS da zona, intentando convecer a toda a comunidade educativa dos beneficios da mesma.
Así están en campaña para a votación do vindeiro martes 21 de febreiro. A ANPA informa de que manterase o comedor escolar, o servizo de transportes e as actividades extraescolares, e piden que as familias entendan os beneficios da xornada única.
Lamentan que moitos pais votan en contra por medo ao cambio e descoñecemento do programa. O horario cambiaría pasando de 10:00 a 13:00h, de 15:00h a 17:00h a unha xornada única de 9:30 a 14:30, pero se mantería o comedor onde estaría ata as 15:30h, e a partir de aí poderían quedar en actividades extraescolares.<(/p>
”Pensamos que sería unha mellora da calidade de vida dos nosos nenos”, relatan.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).