Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A asociación de familiares de enfermos de alzhéimer demanda un centro especializado

A asociación de familiares de enfermos de alzhéimer demanda un centro especializado
afafes-cee O coordinador de AFAFES, César Bugallo, reuniuse coa deputada do BNG Ánxela Franco e co concellerio do BNG de Cee, Serxio Domínguez O coordinador da asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Fisterra e Soneira  -AFAFES - César Bugallo, trasladoulle á deputada de Benestar Social, Educación e Igualdade, Ánxela Franco, a urxente necesidade de contar cun contar cun centro especializado para atender a enfermas e enfermos con diversas demencias, xa que non hai ningunha similar na comarca de Fisterra e Soneira. Foi no trascurso dunha xuntaza que mantiveron e na que estaba tamén presente o concelleiro do BNG de Cee, Serxio Domínguez, que foi o encargado de promover a reunión. A deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, deu conta na xuntanza das diversas vías de colaboración que ten a Deputación da Coruña para atender este tipo de reclamacións e trasladoulle que desde o ente provincial explorarán todas as vías posíbeis para poder apoiar á entidade á hora de mellorar os recursos na comarca “é incríbel que unha administración como a Deputación estea subvencionando a construción, ampliación e mellora de centros e que a Xunta de Galiza que é quen ten todas as competencias non mova nin un dedo”, sinalou a deputada. O concelleiro de Cee, Serxio Domínguez, tamén partillou a necesidade poñer en marcha recursos para atender a todas as persoas con diversas demencias e a necesidade de prestar todo o apoio posíbel ás súas familias xa que, segundo sinalou “a Xunta de Galiza está continuamente dándolle as costas a esta comarca e as necesidades en Servizos Sociais son urxentes e moi necesarias non pode pechar os ollos a esta realidade. Queremos desde aquí solicitarlle que cando menos se comprometan como o fai a Deputación da Coruña sen ter nin siquera competencias nesta materia". O Concelleiro do BNG de Cee tamén se comprometeu a colaborar coa entidade en todos as xestións que teña que facer a entidade AFAFES no concello de Cee para poñer en marcha os servizos polos que levan case dous anos traballando.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios