Venres. 29.03.2024
El tiempo

A asociación galega de familias numerosas presenta as súas demandas no concello de Cee

A asociación galega de familias numerosas presenta as súas demandas no concello de Cee
agafan-cee Representantes de AGAFAN mantiveron onte unha reunión con membros do concello de Cee Membros da asociación galega de Familias Numerosas - AGAFAN - mativeron onte unha reunión co alcalde de Cee - Ramón Vigo - e a concelleria de Benestar Social - Pilar Iglesia - para trasladarlle o decálogo de demandas que a entidade enviou a todos o s concellos galego co fin de que teñan en conta as necesidades das familias numerosas na aprobación das ordeanzas do 2017. AGAFAN recordoulle aos representantes municipais a que ley 40/2003 de Protección de Familiar Numerosas establece no seu preámbulo que "as familias numerosas presentan unha problemática particular polo custe que representa para elas o coidado e educación dos seus fillos ou o acceso a unha vivenda axeitada ás súas necesidades" e que dende a administración local pódense introducir as medidas correctoras necesarias, dentro das súas competencias, para que os membros deste tipo de familias non queden en situación de desvantaxa. Por parte do concello de Cee validaron de forma positiva as propostas prantexadas en favor das familias numerosas que representan sobre o 3% da súa poboación e comprometeronse a estudar a súa aplicación no vindeiro pleno. Fonte

Comentarios