Venres. 19.04.2024
El tiempo

A banda costeira AlbaRusa comeza a súa rompedora xira

A banda costeira AlbaRusa comeza a súa rompedora xira
Alba Rusa en concerto

Gon, Lariño, Iván, Tren e Nacho xa teñen as maletas preparadas. A banda con raíces ceenses Alba Rusa, herdeiros daqueles The Gone&Lost e os Dharmak, xa están en marcha ca súa nova xira. “La Memoria del Hielo” arrinca na Coruña, na mítica Sala Playa Club, e contará cunhas colaboracións moi especiais, de Luar na Lubre a Motores.

A primeira cita será o venres 29 de abril ás 23:00 na sala herculina, ás faldas do mar de Riazor. A esa hora, soltarán toda a enerxía acumulada nos seus instrumentos, reafirmando e reivindicando a nobreza do Heavy Rock máis potente.

Alba Rusa banda galega de heavy rock

Desde a súa orixe fai moitos anos en Costa da Morte con distintos proxectos, moito han ter que loitar estes mozos para chegar ata aquí. Con escasos recursos e sen apenas apoios lograron situarse entre as bandas emerxentes de referencia do Heavy Galego.

Para este evento contan coa colaboración de Carlos do Rio cantante de Motores, Pacho Brea cantante de Ankhara, Pedro Valero guitarrista de Luar na Lubre, José Louro guitarrista de War Cry e Nova Era e outras colaboracións durante o concerto, ademais dun photocall e un catering para os invitados que colaboraron no seu crowfunding e para os ganadores dos sorteos de entradas nestes días.

Concerto de Alba Rusa no Playa Club

Xa poden mercar as entradas (a 5€, e a 10€ con CD incluído) en galitickets.com.

 

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios