Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Biblioteca de Cee mostra a vida e obra de María Victoria Moreno

A Biblioteca de Cee mostra a vida e obra de María Victoria Moreno
No marco da programación polas Letras Galegas de Cee, a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán", sita no 3º andar da Casa da Cultura de Cee, acolle ata o 31 de maio unha mostra sobre a figura, vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, escritora á que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2018. Dez carteis informativos editados pola Secretaria Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia e 25 libros do fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal do Concello de Cee, integran esta exposición na que se pretende amosar a vida e o legado cultural que deixou  como escritora María Victoria Moreno. O responsable da área, José Ramón Senra Rey, invita a todos a coñecer un pouco máis á protagonista deste 17 de maio.       https://quepasanacosta.gal/laxe-camarinas-e-cee-enchense-de-actividade-coa-celebracion-das-letras-galegas/ https://quepasanacosta.gal/o-maio-da-galeria-mulleres-para-conecer-a-maria-victoria-moreno-a-protagonista-das-letras-galegas/

Comentarios