Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Buserana demostra que o feminismo non está en crise na Costa da Morte

A Buserana demostra que o feminismo non está en crise na Costa da Morte
8-de-marzo-coa-Buserana-en-Cee "O feminismo non está en crise". Este é o lema que escolleu a Organización de Mulleres Buserana para este 8 de marzo de 2013, Día Internacional da Muller. O colectivo feminista da Costa da Morte non para de artellar actividades arredor da discriminación de xénero, algo sobre o que é necesario seguir traballando na sociedade costeira actual. Este ano, ademais a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte tamén artella varias citas para "Que non nos paren". A pasada semana comezaban as actividades da Buserana cun máis que interesante vídeo-forum sobre o aborto, que incluíu a proxección do filme “4 meses, 3 semanas, 2 días”, de Cristian Mungiu, antes de abordar un interesante e abafado debate. Pero a gran cita reivindicativa deste ano será este venres 8 de marzo, na propia Praza 8 de marzo, de Cee. A partir das 18:00h as bravas mulleres costeiras sairán da furna da Buserana para desenvolver as seguintes accións, pensadas para todos os públicos:
  • Ás 18:00h: taller de globoflexia para nenas e nenos.
  • Ás 19:00h: Concentración.
  • Ás 20.30h: Festa na Bombonera, Cee.

Concentración en Cee

Ademais, a Concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Persoal do concello de Cee comunica que este venres 8 de marzo en homenaxe a todas as mulleres e na defensa da igualdade haberá un acto de concentración e lectura do manifestó aprobado en Pleno o día 27 de febrero, ás 12:00h diante do Concello.

"As mozas galegas, o Motor do País: Que non nos paren"

8 de marzo ca Asemblea da Muller de Galiza Nova A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte organiza, co gallo do día da muller traballadora, as seguintes actividades coa colaboración do Concello de Carnota e a Asociación Monte Pindo Parque Natural.
  • Venres 8: Inaguración da exposición “A imaxe da muller na obra de Castelao” no Salón de Actos do Concello de Carnota. A partir das 21:00h, logo de rematar as actividades que propón a Concellería da Muller, ás que animamos a asistir. Un dos aspectos centrais desta actividade, di Paula Nemiña, responsable da Asemblea de Mulleres “é profundizar na obra do noso referente no nacionalismo galego, onde a través das súas láminas, podemos analisar os casi inexistentes cambios que houbo e a involución nos dereitos que vivimos”.
  • Sábado 9: 150º Aniversario da obra Cantares Gallegos. Subida reivindicativa ao Monte Pindo, onde compartirán versos de dita obra. Saída ás 10:00h da praza da Solaina do Pindo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios