Martes. 16.04.2024
El tiempo

A CIG denunciará ao Carrefour de Cee por incumprir o descanso semanal

A CIG denunciará ao Carrefour de Cee por incumprir o descanso semanal

O sindicato CIG anunciaba onte que presentará un "confito colectivo" e que denunciará ante Inspección, a varios Carrefour Market de Galicia, entre os que se atopa o de Cee, por incumprimento do convenio colectivo en materia de descanso semanal do seu persoal.

Segundo denuncia Xabier Santos, secretario da Unión Local da CIG en Cee, "o persoal destes centros só libra un día á semana cando, segundo o convenio colectivo polo que se rexe, corresponderíalles 48 horas ininterrompidas". De feito, Santos asegura que xa van 3 anos de denuncias ante a Inspección de Traballo, e que xa en maio do 2010 saíu a primeira resolución favorable para o traballador.

Santos explica que "malia esta resolución, a empresa continuou sen cumprir coa xornada legal, o que obrigou a presentar unha demanda, en principio individual, a través dos dous delegados de persoal de Cee-Bertamiráns, no Xulgado do Social da Coruña".
"Aínda así", continúa Santos, "a empresa, que xa ten presentados os calendarios trimestrais, segue sen aplicar o descanso semanal nin sequera ao delegado que gañou a demanda”. Ademais, engade que "este ano, entre as dúas tendas de Carrefour de Cee e Bertamiráns tiveron máis de 300.000 euros de beneficio. Porén, hai un recorte de cadro de persoal encuberto, xa que non se cobren as baixas nin as vacacións, nin se procedeu a substituír a aquelas persoas que de maneira voluntaria marcharon –arredor de 15 traballadoras/es, entre as dúas tendas, o que repercute na carga de traballo”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios